O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

BENVIDOS A "UN DÍA NO COLE" (nenos/as que comezan curso en setembro)

Bo día, familias

 

Informamos que o Venres, 7 de xuño de 12:15h a 13:15h, teremos unha xornada de convivencia cos nenos e nenas de 3 aniños que comezarán o curso en setembro e o alumnado de 6º EI e as súas titoras. Faremos actividades de relación, coñeceremos espazos, xogaremos... para que os máis pequeniños tomen contacto cos lugares, mestres e amigos que os acompañarán nesta nova andanza.

Cada nen@ deberá vir cun adulto de referencia que permanecerá con nós todo o tempo. Entraredes polas escaleiras exteriores do edificio de infantil e sairedes polo mesmo sitio. É moi importante e rogamos a vosa colaboración para interferir o menos posible no desenvolvemento normal das clases.

Estamos seguros de que a experiencia será proveitosa para todos e contribuirá a achegarnos un pouco máis.

 

Graciñas e vémonos este venres!!

 

 

                 

TALLER DE ILUSTRACIÓN EN 5º de PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria acudieron a un taller de ilustración de banda deseñada, impartido por Xosé Tomás e organizado polo Concello. Foi unha actividades moi moi divertida na que aprendimos moitísimo.

 

O BLOG DA BIBLIOTECA

PODEDES VER AS NOVIDADES DO BLOG DA NOSA BIBLIOTECA!!

LEO MOITO XA FORMA PARTE DO NOSO DÍA A DÍA E SON MOITAS AS ACTIVIDADES QUE SE ESTÁN A REALIZAR.

NON VOS PERDADES AS NOVIDADES!!!

https://bibliotecasceipluisseoane.blogspot.com/

IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, familias

 

Dende o IES MARÍA CASARES informan que xa está dispoñible na súa páxina web un enlace para realizar a pre-matrícula e a elección de materias optativas para o curso 2019/2020.

No seguinte enlace xa podedes ir directos.

 

ENLACE IES MARIA CASARES

 

FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL PARA O CURSO 2019/2020

Bo día, familias

 

No DOG do 20 de maio de 2019 aparece a Orde do 3 de maio de 2019, que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2019/2020, destinada a alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

Segundo as instruccións:

 

-FONDO SOLIDARIO: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Mantéñense os libros do curso 2018/2019.

 

-AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: cursos de 1º e 2º de Educación Primaria.

 

-AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Educación Primaria con rendas igual ou inferiores a 5400€.

 

Engadir que o colexio ten presentado o proxecto E-DIXGAL para o curso 2019/2020 en 5º de Educación Primaria. De ser este aprobado, o alumnado deste curso quedaría excluído da participación no fondo solidario, posto que o material xa o aporta o propio proxecto.

 

O prazo para presentar a solidicitude é do 21 de maio ao 21 de xuño  de 2019. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación informática "fondolibros" (www.edu.xunta.es/fondolibros).

No seguine enlace podedes ver a publicación do DOG con toda esta información detallada.

 

ENLACE

 

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe festexamos con música, cantigas e bailes o Día das Letras Galegas. As pandeiretas e os cantos foron os protagonistas, nun día cheo do noso idioma e da nosa cultura.

Non vos perdades as imaxes deste día...

EXCURSIÓN DE 4º EDUCACIÓN PRIMARIA A FERVENZA - AVENTURA

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria estiveron en Fervenzaaventura en Silleda con motivo da súa excursión de final de curso. Fixeron moitísimas actividades ao longo de dous días de convivencia: alimentaron aos diferentes animais da granxa escola, fixeron un routeiro ata a Fervenza da Toxa, realizaron xogos de orientación no bosque e participaron en numerosas actividades ao aire libre como o tiro con arco ou na tirolina e rocódromo.

Os monitores e mestras non fan mais que contarnos o ben o que o pasaron e, sobre todo, o ben que se que portaron. Foi unha excursión estupenda!!

VISITADE O BLOG DE BOAS PRÁCTICAS DO LUÍS SEOANE

Recordade que podedes visitar o Blog de Boas prácticas do cole, onde explican todas as actividades que estamos levando a cabo para mellorar a convivencia no centro. É un traballo onde participa toda a Comunidade Educativa e estamos tod@ implicados!!!

Podedes coñecer un pouquiño máis dos proxetos visitando o Blog de Boas Prácticas.

Non o perdades de vista!!!!

 

 

 

 

 

MAÑÁ NON TEMOS COLEXIO

Bo día,

 

Recordamos que mañá non teremos colexio por ser o o día das Letras Galegas.

Vémonos o luns!

                                    

 

                           

IV FESTIVAL ARTE POLA IGUALDADE

O xoves 9 de Maio moitos alumnos e alumnas do noso centro participaron no Acto Arte pola Igualdade no Teatro Colón. Neste acto dase a coñecer o traballo de integración que se desenvolve nos centros educativos que forman parte deste proxecto.

Máis concretamente, os nosos nenos e nenas participaron na obra Belulo que a súa nai escribiu a Mateo Vaquero, alumno do noso centro.

Foi unha tarde emocionante e moi emotiva onde os seus compañeiros e compañeiras quixeron apoiar o proxecto e a obra. Noraboa a tod@s!

 

 

Distribuir contido