Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. CONVOCATORIA NAIS/PAIS/REPRESENTANTES LEGAIS DO ALUMNADO

Neste ENLACE poden acceder á convocatoria para as eleccións ao Consello Escolar do sector das nais, pais e representantes legais do alumnado. 

SAÍDA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DA CORUÑA. ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO DE CULTURA CLÁSICA E LATÍN

Ás dez treinta horas do día 29 de outubro o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3° de ESO e  4° de ESO  comenzaron o seu percorrido dun parasanga desde o Ies María Casares ao Castelo de San Antón, coa finalidade de coñecer de primera man os restos arqueolóxicos romanos e castrexos ou galiacos no seu contexto.
A expedición foi todo un éxito,  ergo estamos feitos uns romanos galaicos!!!

XOVES 31 DE OUTUBRO E LUNS 4 DE NOVEMBRO. DÍAS NON LECTIVOS

Tal e como consta no calendario escolar para o curso 2024-2025, o xoves 31 de outubro celebraremos o Día galego do ensino non universitario. O luns 4 de novembro foi un dos dous días non lectivos que se solicitaron á Dirección Territorial de Educación e, polo tanto, tampouco haberá clase.

VISITA AO CITIC DA CORUÑA

Os días 3 e 10 de outubro os dous grupos de 4º ESO visitaron as instalacións do CITIC.

Puidemos comprobar de primeira man algúns dos proxectos máis novedosos que están a desenvolver como o emprego de IA para a detección de enfermidades ou o deseño de robots para recoller de forma selectiva o lixo, tamén tivemos a oportunidade de probar unhas gafas de realidade aumentada.

Foi unha experiencia divertida que esperamos repetir en vindeiros cursos.

Deixamos algunha imaxe da visita.

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Comunícase que o hoxe martes 22 de outubro de 2024, ás 11:00 horas, na Administración do centro, realizouse o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral establecida no Artigo 30 do Decreto 92/1998 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto.

Esta Xunta Electoral está integrada por:

  • A directora do centro.
  • Un representante do profesorado.
  • Un representante dos pais/nais do alumnado.
  • Un representante do alumnado.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

 

 

A directora

LIMPEZA PRAIA DE SANTA CRUZ

O venres 4 de outubro o alumnado de 4º ESO D mostrou a súa faciana máis solidaria participando na limpeza da praia de Santa Cruz xunto co centro Ricardo Baró de Oleiros, nunha actividade deseñada pola Cruz Vermella.

REMO EN SANTA CRISTINA

O alumnado de 3º ESO comezou a primeira semana de outubro a realizar a actividade de remo, ofrecida polo Concello de Oleiros. O día 3 asistiu o alumnado de 3º ESO B e ao longo do mes irán indo o resto dos grupos dese nivel. Esta práctica forma parte das actividades de auga que cada ano programa o Departamento de Educación Física.

 

VISITA Ó ECOPARQUE MARÍN

O 30 de setembro o alumnado de 1º ESO gozou dun día de lecer no Ecoparque de aventuras de Marín. Alí, malia que o sol non brillou, estudantes e profesorado probaron as súas habilidades en escalada e tirolina. A seguir visitaron o Parque dos Sentidos, onde puideron relaxarse, desfrutar da auga, dos escorregadoiros e dos instrumentos musicais.

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2024-2025

O comezo da actividade lectiva do presente curso será o mércores 11 de setembro de 2024. O alumnado de todos os niveis e etapas incorporarase ao centro ás 8:30 horas e permanecerá nel no horario habitual (8:30-14:10).

 O alumnado da ESO accederá ao centro polo acceso principal (rampla); o alumnado de Bacharelato e Formación Profesional Básica, polo acceso posterior da Rúa Uxío Novoneyra.

 Os estudantes de 1º de ESO dirixiranse directamente á Sala de Usos Múltiples; o resto do alumnado, tras consultar as listas dos grupos (haberá paneis informativos nas distintas plantas e no exterior das aulas), accederá ás súas aulas de referencia, onde serán recibidos polos seus titores/as.

Usuarios do transporte escolar

Bus 1 (Dexo Torre - O Couto Dorneda): ás 7.45 h.

Bus 2 (Pinar do Río - Arillo): ás 7.35 h.

Bus 3 (Canide - Santa Cruz): ás 7.45 h.

Bus 4 (Rialta - Santa Cruz): ás 7. 55 h.

Bus 5 (Rialta - Franzomel): ás 7.55 h.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

Para consultar a relación de libros de texto do vindeiro curso 2024-2025, prema no enlace correspondente.

Distribuir contido


by Dr. Radut