Skip to Content

MATEMÁTICAS NA RAIA

O equipo de 3ºA do IES María Casares resultou gañador da fase rexional do concurso matemático “Matemáticas na raia”. Esta actividade é un concurso de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). 

 O equipo de 3ºA do IES María Casares foi o que obtivo maior puntuación na fase rexional do concurso, na que participaban grupos de 3º da ESO dos centros de toda Galicia. 

 Matemáticas na raia é un concurso moi singular, tanto pola natureza dos problemas plantexados, de carácter lúdico e moi creativo, como pola forma de desenvolverse. Neste concurso participan grupos de clase completos, faise en equipo e nel é vital a aportación de todos e a capacidade que teñan de traballar conxuntamente e desenvolverse como equipo.

Parabéns para o alumnado e para o profesorado implicado pola súa colaboración.


 

VIAXE A LONDRES 4º ESO

O alumnado de 4º ESO realizou unha viaxe cultural de final de etapa á cidade de Londres(15-19 abril) disfrutando duns días de convivencia nun entorno cultural diferente. En Londres visitaron monumentos emblemáticos,  museos,  mercados e lugares de ocio.

Podes ver máis fotos clicando na imaxe.

 

 

CHARLA EDU-SAÚDE

Dentro do programa Edu-Saúde, no que participa o IES María Casares co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudable, o alumnado de 1º BACH recibiu o mércores 17 de abril unha charla  impartida por unha psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC) para intentar previr trastornos da conduta alimentaria no ámbito escolar.

Pola tarde as familias do alumnado de 1º e 2º ESO participaron nunha conversa cun dos nutricionistas da asociación:Que comen os nosos fillos. O fomento dunha correcta alimentación.

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

A consulta da listaxe provisional de persoas admitidas poderá realizarse de dúas formas:

 Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

  • Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica de Moneda y Timbre.

 Prazo para formular reclamación ante o Consello Escolar: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación(do 26 abril ao 3 de maio)

INTERCAMBIO ANNECY 2024

REFERÉNDUM SON CAMPIÓNS DA JUNIOR ESPORTS

Esta fin de semana (19-21 abril) no Palacio de congresos e exposicións "Adolfo Suárez" de Marbella máis de 80 estudantes de toda España competiron na liga Junior Esports.

O IES María Casares estivo representado polo equipo Referéndum formado por Sebastián López Ferreiros, Ángel e Jaime Ortega Piñón, Francisco Gómez Pazos e Mario Caramelo Méndez acompañados do profesor Andrés Lariño Lago.

Referéndum conseguiu un pleno de vitorias o que os leva a ser os campións na súa categoría, esta vitoria serve para quitar a espiña da final de fai dous anos celebrada en Madrid.

Parabéns a todo o equipo, que abandona o centro este curso para continuar a súa formación académica.

Podes ver a retransmisión do evento en Twitch link aquí

Parabéns CAMPIÓNS!!

 

 

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Co obxecto de fomentar a competencia matemática e a creatividade, e dentro das actividades desenvolvidas para a conmemoración do Día Internacional das Matemáticas, convocamos o primeiro concurso de fotografía matemática no IES María Casares. Os gañadores foron:

Categoría A:
1º premio "Geometría hacia el Cielo" - Daniel Raposeiras 2º ESO B
2º premio  "Recta de Sol entre 90º de Montaña" - Irene Santomé 2º ESO B
Accésit 1 "Fractales Soleados" - Autora Descoñecida
Accésit 2 "Fruta Áurea" - Nuno Bravo 2º ESO B


Categoría C:
1º Premio "O Caracol de Fibonacci" - Manuel Seoane Siso 1º Bach C
2º Premio "Laranxa e Círculo" - Samuel Ríos Mosquera 1º Bach C

Para ver todas as fotografía premiadas preme no enlace.

Se queredes ver todas as fotos participantes pincha no seguinte enlace:

https://fotomate-iesmariacasares.blogspot.com/

Parabéns para tod@s e grazas pola vosa colaboración.

LUNS 22 DE ABRIL. DÍA NON LECTIVO

Recordamos ás familias que o vindeiro luns 22 de abril é un dos días de carácter non lectivo elixidos polo centro e aprobados pola Xefatura Territorial. 

FEIRA MATEMÁTICA

As alumnas e alumnos de 2ºESO do Club de Ciencias participaron o pasado sábado 6 de abril na Feira Matemática anual organizada por AGAPEMA en Palexco.

No seu stand mostraron os distintos xogos de mesa elaborados este ano no Club (feitos coa impresora 3D e con material reciclado) e explicaron as mellores estratexias de cada un.
Ademáis puideron interactuar con rapaces doutros centros e participaron en varias actividades da feira.

 

A MULLER E AS MATEMÁTICAS

O venres 12 de abril, o alumnado de 2º e 4º ESO asistiu a unha charla impartida pola matemática e profesora de estatística na UDC María Amalia Jácome Pumar.

Nela coñeceron a figura de Florence Nightingale, unha pioneira tanto da enfermaría moderna como da estatística, e que foi considerada como a persoa que máis vidas salvou na guerra de Crimea (1853-1856).

Tamén descubriron como é o traballo de investigación en estatística, e cal é a importancia que ten en áreas como a medicina, así como o recoñecemento que teñen as mulleres que están a levar a cabo eses proxectos.

Distribuir contido


by Dr. Radut