Skip to Content

CAMPIONATO DE ESPAÑADE CLUBS SUB14

O pasado fin de semana celebrouse o Campionato de España de clubs sub14 en Torrevieja, donde tivemos representación de alumnado do noso centro co Club Atletismo Sada, obtendo a 6ª posición entre 60 equipos procedentes de todas as comunidades autónomas. Destacar a prata obtida por Hugo Zuluaga na proba de 1000 metros, e a boa participación das alumnas Martina Bujía, Daniela Mariño e Laura Ríos, que axudaron a acadar ese magnífico posto.

Moitas felicidades a todos, e a seguir adestrando!!

Saída didáctica 4º ESO

Este xoves, 19 de outubro de 2023, un grupo de estudiantes de economía de 4º da ESO realizou unha saída didáctica na que simulaban a compra dun piso. 

Neste simulacro puideron coñecer de primeira man os pasos a seguir, saíron ao banco e a unha notaría para solicitar un préstamo hipotecario.

Seguro que sacarán bo proveito desta experiencia no futuro.

SURF EN BASTIAGUEIRO

O pasado 3 de outubro un grupo de estudiantes do grao básico de electricidade tivo unha actividade de surf na praia de Bastiagueiro.

As condicións do mar eran boas para surfear, con olas grandes e a maioría atrevéronse a probalas, incluído o titor do grupo, José María.

Algúns conseguiron poñerse de pé á primeira e outros caeron unhas cuantas veces, pero a sensación xeral foi moi boa.

Desexando volver coller olas...

 

DÍA NON LECTIVO

O vindeiro venres 13 de outubro non haberá clases por ser un dos días non lectivos solicitados para este curso escolar. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO IES MARÍA CASARES

No centro veñen a desenvolverse nos últimos cursos dúas actividades extraescolares no tempo de lecer dos luns a mediodía.

Podes anotarte nalgunha delas se é do teu interese.

CORO IES MARIA CASARES 23/24

Se queres formar parte do coro do instituto cubre este formulario
https://forms.gle/qmymsAZ7GuL4c8CY9

e entrega o impreso (click para descarga) en vicedirección.

 

CLUB DE CIENCIA 23/24

Neste curso está dirixida a alumnado de 1º e 2º de ESO.

O alumnado interesado debe entregar en vicedirección o impreso.

click para descarga

CAMPIONATO BEACH RACE 2023

O pasado sábado 16 de septiembre celebrouse o campionado Beach race 2023 na praia de Sabón. Dous alumnos do noso centro gañaron premio en Paddle Surf co Clube SUP Mera.

Daniel Folgar de 3ºC na categoría SUB 14  e Iván Puente de 2ºBAC B na categoría SUB 18.

Moitas felicidades a ambos, a seguir acadando premios CAMPIÓNS!!

 

 

SOLICITUDES DE CAMBIOS DE MATERIAS OPTATIVAS E/OU CAMBIOS DE GRUPO

Lembrámoslles ao alumnado interesado en solicitar o cambio dalgunha materia optativa e/ou cambio de grupo que a data límite para a súa presentación na secretaría do centro rematará o vindeiro mércores 20 de setembro ás 14.00 h. 

 As solicitudes deben estar asinadas polo pai/nai/titor/a, excepto para o alumnado maior de idade.

COMEZO DA ACTIVIDADE LECTIVA DO CURSO 2023-2024

 

O comezo da actividade lectiva do presente curso será o luns 11 de setembro de 2023. O alumnado de todos os niveis e etapas incorporarase ao centro ás 8:30 horas e permanecerá nel no horario habitual (8:30-14:10 e 16:30-18:10).

 

O alumnado da ESO accederá ao centro polo acceso principal (rampla); o alumnado de Bacharelato e Formación Profesional Básica, polo acceso posterior da Rúa Uxío Novoneyra.

 

Os estudantes de 1º de ESO dirixiranse directamente á Sala de Usos Múltiples; o resto do alumnado, tras consultar as listas dos grupos (haberá paneis informativos nas distintas plantas e no exterior das aulas), accederá ás súas aulas de referencia, onde serán recibidos polos seus titores/as.

Usuarios do transporte escolar

  • Rutas 1, 2 e 3. Primeira parada: 07:50 horas
  • Rutas 4 e 5.  Primeira parada: 07:55 horas

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Poden consultar a relación actualizada dos libros de texto do vindeiro curso na sección correspondente de Secretaría (bloque esquerdo).

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS

O Concello de Oleiros ACORDOU, mediante Decreto de Alcaldía nº 2023003335, ditado en data 26/06/2023, CONCEDER ao IES María Casares unha subvención por importe de 11.860,00 € (once mil oitocentos sesenta euros) para os seguintes conceptos: “Realización de actividades diversas de carácter educativo, cultural e deportivo, eventos e celebracións conmemorativas e adquisición de materiais didácticos de carácter funxible".

Distribuir contido


by Dr. Radut