Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

DESAFÍO 48 HORAS EN GALEGO

O desafío de falar en galego durante 48 horas

Con grande aceptación entre o alumnado, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro lanzou o reto de falar galego durante dous días seguidos. Así, os días 14 e 15 de maio, arredor de 200 alumnos/as, moitos/as profesores/as e o persoal de administración e servizos participaron no Desafío 48 h, algún deles intentándoo só durante o horario escolar e a maioría procurando facelo tamén fóra, nos diversos ámbitos e contextos en que viven día a día: familia, deporte, grupo de amigos/as... Unha proposta para fomentar a lingua galega entre a mocidade reforzada, ademais, coa actuación do rapeiro García MC e unha charla sobre as propostas de lecer galego que ten a mocidade por parte de Miguel Aquel-e. Pódese saber máis sobre esta acción, a súa repercusión e resultados a través das seguintes ligazóns:

  • 200 escolares de Oleiros aceptan o reto de falar galego durante 48 horas (Telexornal da TVG): https://i.gal/ue00O
  • 48 horas falando galego nun instituto de máis de 600 alumnos castelanfalantes (La Opinión de A Coruña): https://i.gal/1PUmv
  • O reto de falar galego durante dous días seguidos (Sermos Galiza): https://i.gal/8JUtg
  • A rapazada dun instituto de Oleiros comprométese a falar galego (Radio Galega): https://i.gal/R9JxM
  • Este é o desafío que fixo tolear o IES María Casares (La Voz de Galicia): https://t.co/o2IVHGtz32
  • A experiencia de atoparse co galego na adolescencia: "É unha mágoa que non nolo aprendesen antes" (Praza.gal): https://i.gal/njKIg

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019-2020. LISTAXES DEFINITIVAS

Listaxe definitiva de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019-2020.

Pódese consultar na Secretaría do centro e neste enlace.

PREMIO EN GALICIENCIA 2019

Premio Mellor Presentación e Comunicación para o proxecto Protexémonos ben do sol?, presentado en Galiciencia 2019 polo Club de Ciencia que coordina a profesora María Temes no IES María Casares. As alumnas Noa Fernández e Andrea Lage destacaron pola súa habilidade para expoñer o proxecto ante o público. Moitos parabéns!

BENVIDO O EQUIPO "BIG DATA"

O equipo formado polos alumnos de 1º de Bacharelato Markos Conchado, Daniel Mata e Ana Varela, xunto coa profesora Consuelo Castro, xa está de volta tras participar no reto "Big Data" organizado pola Obra Social "la Caixa" ´que se desenvolveu en Barcelona esta semana. Pronto coñeceremos o resultado da súa participación, pero para nós xa son os nosos campións!!!

O IES MARÍA CASARES EN GALICIENCIA

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. O noso centro participa co proxecto Protexémonos ben do sol?, un dos 50 seleccionados entre centros de toda Galicia. Este proxecto foi deseñado e dirixido pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía María Temes, no marco do Club de Ciencia que xa ten un longo percorrido e varios premios e éxitos no seu haber. Desexámoslle unha boa estancia e moita sorte ás alumnas Noa Fernández Rodríguez e Andrea Lage Martínez e á profesora María Temes.

BENEFICIARIOS BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se adxudican as bolsas ofertadas polo Ministerio de Educación. Consultar a listaxe provisional AQUÍ

TAXAS TÍTULO DE BACHAREL E PROBAS ABAU

Nos seguintes enlaces pódense consultar os modelos e a cuantía das taxas para solicitar o título de bacharel e para matricularse nas probas ABAU.

Título Bacharel                     

ABAU

ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

 https://www.edu.xunta.es/fp/probas-de-acceso-gs-2019-cualificacions-provisionais

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019-2020

A relación provisional do alumnado (non procedente dos centros adscritos e de nova incorporación) admitido para o vindeiro curso 2019-2020 está dispoñible na Secretaría do centro e no seguinte enlace.

VISITA A PULL & BEAR

Un grupo de alumnos de Formación Profesional Básica e de Bacharelato, acompañados dos seus profesores, visitaron as instalacións que a tenda de roupa Pull & Bear do grupo Inditex ten no Polígono Río do Pozo, en Narón.

Powered by Drupal - Design by artinet