Skip to Content

SPRING WEEK

Dende o 28 de maio ata o 3 de xuño, 26 alumnos e alumnas de primeiro de ESO fixeron unha semana de inmersión lingüística nos Peares (Lugo), onde tiveron a oportunidade de convivir con alumnado doutros centros e practicar o inglés coa axuda de profesores e monitores nativos.

O programa, que combina clases de inglés polas mañás e actividades lúdicas pola tarde, priorizando a comunicación oral no lugar da gramática, conseguiu que ao final da semana a maior parte do alumnado fose quen de e facer uso da lingua inglesa.

Volveu a rapazada con moitas ganas de repetir a experiencia, polo que o centro espera poder repetila no próximo curso.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. CALENDARIO DE EXAMES

Para consultar as datas dos exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de Bacharelato e Formación Profesional Básica, prema AQUÍ.

CALENDARIO FIN DE CURSO 1º BACHARELATO E 1º FPBásica

Neste ENLACE pódese consultar o calendario final de curso para os niveis de 1º de Bacharelato e 1º de Formación Profesional Básica.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DE 1º DE BACHARELATO E 1º DE FPBásica

Mañá pola tarde desenvolveranse as avaliacións ordinarias dos cursos de 1º de Bacharelato e 1º de Formación Profesional Básica. Por razón de prazos as cualificacións serán exportadas á aplicación informática e entregadas persoalmente ao alumnado ás 20:00 horas.

PRE-MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Co fin de realizar unha mellor planificación do vindeiro curso, para elixir as materias optativas prema na ligazón correspondente. 

O prazo para realizar a pre-matrícula estará aberto ata o 11 de xuño de 2023.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

BIG CHALLENGE

A profesora visitante Khushi Jolly fixo entrega dos certificados e dos premios correspondentes aos nosos alumnos que participaron no concurso europeo de inglés chamado THE BIG CHALLENGE. Felicitamos a todos eles que como en edicións anteriores, acadaron  moi bos resultados. 

 Destacamos a participación de  Mario Suárez Vázquez de 2º Eso-C e de Pablo Rodríguez Gagino de 3º Eso-C que finalizaron primeiros na súa categoría. Parabéns!

 

ACTIVITAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Chegou ao seu fin o programa ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS coa gravación dun programa de radio no que o alumnado participante puido gozar da experiencia de ser "comunicadores" dos temas que trataron durante o curso.

A finalidade do programa era tomar conciencia sobre aspectos da nosa sociedade que deberían mellorar como o respeto e integración social de todas as persoas, os distintos tipos de violencia ou o coidado do noso medio.

Agardamos que vos axude a reflexionar e colaborar na creación de ese MUNDO QUE QUEREMOS. 
Grazas a todos os que colaborastes!!!

STEMBACH

Hoxe felicitamos á IV Promoción de STEMBach do IES María Casares, que hai uns días remataron a súa formación coa exposición dos seus Proxectos de investigación. Ditos proxectos foron defendidos ante unha comisión avaliadora.

Tanto as cualificacións obtidas como a experiencia destes dous cursos foron altamente satisfactorias, o que mereceu os parabéns dos avaliadores e do resto dos asistentes ao acto.

A relación de alumnado participante e os proxectos defendidos foron os seguintes:

•    Nora Khidroun Meléndrez (O laboratorio das emocións)
•    Gabriel Rodríguez Carlín e Iago Van de Weyer Lodeiro (A vexetación da contorna do teu centro educativo e a súa morfoloxía polínica)
•    Antía López Rodríguez, Paulina Pernas Preissl, Vanesa Calvo Rosende, Sayari Correia Montenegro, Julia Ríos Carro e Cristina Díaz Fernández (Procura de novos compostos antitumorais)
•    Iago Arsequell Rodríguez (Buscando a Young)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

O centro participará no vindeiro curso no proxecto E-Dixgal en todos os cursos de ESO. Non obstante poden consultar toda a información relativa ás axudas para adquisión de material escolar neste ENLACE

EXAMES FINAIS PARA O ALUMNADO DE 1º DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Datas de realización dos exames finais para o alumnado de 1º de FPB que, por non ter superado o curso por avaliacións ou por ter perdido o dereito á avaliación continua, deba presentarse aos exames finais:

 

DATA MATERIA HORA
30 de maio de 2023 Comunicación e Ciencias sociais I

 9:20-10:10 

1 de xuño de 2023 Instalacións eléctricas e domóticas  9:20-10:10
1 de xuño de 2023 Inglés  12:30-13:20
2 de xuño de 2023 Ciencias aplicadas I  9:20-10:10

5 de xuño de 2023

Equipamentos eléctricos e electrónicos  8:30-9:20
Distribuir contido


by Dr. Radut