Skip to Content

INFORMACIÓN ALUMNADO 2º BACHARELATO

Para consultar a información relativa ao procedemento de reclamación ás cualificacións finais, a solicitude do Título de Bacharel e a matrícula nas probas ABAU, prema neste ENLACE.

 

ROTEIRO COSTA DE DEXO

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía 1ºBAC  xunto coa súa profesora Geni Couceiro visitaron o 2 de maio o espazo natural Costa de Dexo resultando unha xornada do máis interesante e proveitosa.

Aínda que a contorna non era descoñecida para eles, aprenderon sobre flora, fauna e comprobaron in situ os problemas de degradación do medio e das especies invasoras.

OLIMPIADA MATEMÁTICA 2023

O pasado 27 de abril, os nosos alumnos de 2º ESO, Mario Suárez Vázquez e  Fabián López Calviño, participaron na fase de zona da Olimpíada Matemática 2023 que se celebrou na Coruña.

Mario Suárez, foi un dos 40 seleccionados para participar na final galega, que se celebrará o vindeiro 25 de maio en Lugo.

Parabéns para o alumnado e a súa profesora Silvia Veciño. E moita sorte para Mario na final!!!!!

 

II CONCURSO MEMES MATEMÁTICOS

Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional das Matemáticas (14 marzo, ata 2019 Día Internacional de pi), celebramos o segundo concurso de memes matemáticos. Os gañadores foron:

Edgar Fabricio Guerra Barcia (1º ESO-A) e Santiago Babío Cottrell (2º ESO-B)

Parabéns para tod@s e grazas pola vosa colaboración.

INTERCAMBIO OLEIROS-ANNECY

INTERCAMBIO OLEIROS-HAMBURGO

Aquí unha mostra do moito que disfrutamos da primeira etapa deste intercambio.

 

VISITA A GADISA

O alumnado de 2º de Bacharelato de Economía da Empresa realizou o pasado día 2 unha visita as instalacións de GADISA acompañados pola profesora Dolores Rey.

Explicáronnos o modelo de negocio que segue a empresa, a importancia e a  relación do marketing con todos os departamentos e visitamos o almacén onde vimos todo  o seu funcionamento.

 

OBRADOIRO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

Durante o mes de abril o alumnado de 1º de ESO realizou un obradoiro de prevención do acoso escolar impartido pola empresa Alicce.

Ó longo de tres semanas, a través de diferentes dinámicas, xogos e debates tiveron a oportunidade de formarse e reflexionar sobre o que é o acoso, como previlo e como actuar cando observan unha situación de maltrato entre iguais. 
A actividade enmárcase dentro do Plan de Convivencia do centro.

VISITA Á PLANTA POTABILIZADORA "A TELVA"

O alumnado de Economía de 1º de Bacharelato realizou o pasado 17 de abril unha visita a "A Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva" acompañadas polas profesoras Yessica Pérez e Dolores Rey.

 

CHARLA FP DUAL

O 12 de abril celebrouse no centro unha charla sobre a Formación Profesional Dual para o alumnado de 1º de bacharelato.

O alumnado foi informado sobre a organización, a oferta e os requisitos para cursar estes estudos. 
A actividade enmárcase dentro do Programa de Orientación Académica e Profesional do centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut