Skip to Content

Club de Ciencia. Agradecementos

   Remata o curso e con el a primeira edición do Club de Ciencia. Este ano, ademais de agradecer o traballo realizado por todos os membros do Club, temos que amosar a nosa gratitude pola inestimable colaboración doutras persoas: a dos relatores que acudiron ao centro: Ángel Carracedo, Francisco Blanco e Borja Tosar; a de Manuel Álvarez Parada, sen el a plataforma autoorientable da cociña solar non sería unha realidade. A Armando Durán Cao temos que darlle as grazas polo apoio técnico prestado na construción do Sistema Solar a escala e na montaxe das diferentes exposicións; a Manel Leira Campos o asesoramento no estudo da eficiencia enerxética das cociñas solares; a Natalia Beade Bouzas e Beatriz Edreira Guerra a supervisión das producións escritas en Braille, esta última fixo, ademais, unha adaptación para invidentes do póster das cociñas solares e dos retos do calendario matemático; a Ana López Gullón a ilustración do Cambio climático que incluímos no póster das cociñas solares, o asesoramento na elaboración do xogo matemático e que animase ao alumnado a facer carteis co papel que reciclamos; a María Magán Lampón o deseño da placa dos autores da maqueta do Sistema Solar e ademais, a José Manuel Otero Amoedo (Yuma) o deseño gráfico dos carteis que acompañan dita exposición.

   Non queremos esquecer, tampouco, a axuda prestada polo persoal non docente do centro: bedeis, persoal de administración e persoal de limpeza, colaboraron con nós en todas aquelas tarefas que lles solicitamos. Tamén queremos agradecer, ao persoal da cafetería do centro, de onte e de hoxe, que permanecese aberta ao mediodía para atender aos membros do Club e á ANPA Os Pazos que, na xornada de observación astronómica, convidase a todos os asistentes a chocolate con churros.

   Este apartado de agradecementos non estaría completo sen unha mención especial ao equipo directivo que, ao longo deste curso, mantivo unha actitude entusiasta e colaboradora ante as múltiples e variadas propostas que se facían desde o Club. Alejandro, Jorge, Javier e José María, moitas grazas por todo!

           O Club de Ciencia foi o soño feito realidade dun grupo de profesores que tiñan a ilusión de ensinar doutro xeito.

 

 

Club de Ciencia. Recepción do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Na mañá do día 27 de xuño, os nosos alumnos Luis Barba e María Rascado, asistiron, xunto aos demais gañadores da Galiciencia, á recepción co Conselleiro de Economía, Emprego e Industria en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, estiveron acompañados pola profesora responsable do seu proxecto "Unha nova vida para o papel". Ademais de María e Luis, Claudia Alonso, Alejandro Álvarez, Lola Cancelo, Manuel Lamas, Niccoló Spadano e Roi Suárez reciclaron o papel depositado polo alumnado do centro. Froito do emprego do método científico, obtiveron papel de cores e texturas moi diversas que utilizaron para facer cateis, papiroflexia e mesmo para imprimir. Noraboa a todos!

Acceso á galería de fotografías

Normas de Organización e Funcionamento (NOF)

   Consulta das Normas de Organización e Funcionamento do IES María Casares.

Acceso aos extractos das Programacións Didácticas

  • Publícanse extractos cos elementos máis relevantes das programacións didácticas dos distintos departamentos para facilitar a súa consulta pola comunidade escolar. Acceso aos extractos.

Distribuir contido


by Dr. Radut