Skip to Content

Club de Ciencia. Agradecementos

   Remata o curso e con el a primeira edición do Club de Ciencia. Este ano, ademais de agradecer o traballo realizado por todos os membros do Club, temos que amosar a nosa gratitude pola inestimable colaboración doutras persoas: a dos relatores que acudiron ao centro: Ángel Carracedo, Francisco Blanco e Borja Tosar; a de Manuel Álvarez Parada, sen el a plataforma autoorientable da cociña solar non sería unha realidade. A Armando Durán Cao temos que darlle as grazas polo apoio técnico prestado na construción do Sistema Solar a escala e na montaxe das diferentes exposicións; a Manel Leira Campos o asesoramento no estudo da eficiencia enerxética das cociñas solares; a Natalia Beade Bouzas e Beatriz Edreira Guerra a supervisión das producións escritas en Braille, esta última fixo, ademais, unha adaptación para invidentes do póster das cociñas solares e dos retos do calendario matemático; a Ana López Gullón a ilustración do Cambio climático que incluímos no póster das cociñas solares, o asesoramento na elaboración do xogo matemático e que animase ao alumnado a facer carteis co papel que reciclamos; a María Magán Lampón o deseño da placa dos autores da maqueta do Sistema Solar e ademais, a José Manuel Otero Amoedo (Yuma) o deseño gráfico dos carteis que acompañan dita exposición.

   Non queremos esquecer, tampouco, a axuda prestada polo persoal non docente do centro: bedeis, persoal de administración e persoal de limpeza, colaboraron con nós en todas aquelas tarefas que lles solicitamos. Tamén queremos agradecer, ao persoal da cafetería do centro, de onte e de hoxe, que permanecese aberta ao mediodía para atender aos membros do Club e á ANPA Os Pazos que, na xornada de observación astronómica, convidase a todos os asistentes a chocolate con churros.

   Este apartado de agradecementos non estaría completo sen unha mención especial ao equipo directivo que, ao longo deste curso, mantivo unha actitude entusiasta e colaboradora ante as múltiples e variadas propostas que se facían desde o Club. Alejandro, Jorge, Javier e José María, moitas grazas por todo!

           O Club de Ciencia foi o soño feito realidade dun grupo de profesores que tiñan a ilusión de ensinar doutro xeito.

 

 



page | by Dr. Radut