Todos tiñamos gañas de dicirlle adeus ao ano 2020 e desexamos que este 2021 supoña un cambio de rumbo con respecto ao vivido nos últimos meses.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES María Casares, animámosvos a comezar o ano participando no VII Premio Literario "Descubrindo Oleiros", impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
O concurso está destinado ao alumnado de ESO e o prazo de presentación dos relatos remata o 11 de xaneiro, así que aínda tedes toda unha semana por diante para elaborar o voso relato.
Podedes acceder ás bases do concurso neste ENLACE.
Aproveitamos para recordarvos que o día 8 de xaneiro ten carácter de non lectivo, xa que foi un dos dous días solicitados polo Claustro e aprobados pola Xefatura Territorial.