Eventos

« Xaneiro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2019-2020

 

Esta información está destinada ás familias do alumnado interesado en cursar estudos no IES María Casares (Oleiros) a partir do curso 2019-2020.

 

IMPORTANTE: En ningún caso poden ter formalizada solicitude no período anterior no seu centro adscrito, xa que incorrerían nunha duplicidade e a solicitude quedaría excluída en ambos centros.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN (Entre o 1 e o 20 de marzo)

 

HOMENAXE A ESTHER PITA

Hoxe lembramos a Esther Pita, que faleceu recentemente.

Esther realizou unha importantísima labor polos dereitos dos veciños e tamén polos das mulleres, non só durante a súa labor como alcaldesa senón tamén como veciña. Liderou o movemento veciñal en Santa Cruz creando, xunto con outros, unha das primeiras asociacións do concello.

Preocupouse especialmente polo desenvolvemento dos Servizos Sociais, área da que foi concelleira e a que lle deu especial importancia no seu tempo como alcaldesa.

Unha das grandes loitas de Esther foi abrir a biblioteca Rosalía de Castro situada no Centro Cultural “As Torres”, pero isto non o fixo soa, foi grazas ás mulleres de Santa Cruz que, recadando fondos vendendo cousas nas festas, o conseguiron no ano 1985.

Grazas a todas elas agora podemos gozar da biblioteca e, ademais, demostraron que as mulleres poden conseguir o que se propoñen sen necesitar aos homes; un dos principios de Esther.

A parte da súa labor política, foi veciña de Santa Cruz, naceu nesta vila e seguiu aquí toda a súa vida; foi dona do estanco e tiña un gran espírito festeiro, non había festa  na que ela non estivera; tentaba, na medida do posible, alegrar a todos os que podía.

Penso que todos debemos recordar a Esther coma una gran persoa que loitou moito, ela mesma dicía: “Que formemos, como foi o noso soño, de ser un grupo de homes e mulleres que sigamos loitando por un mundo mellor”.

Esther, grazas por todo, por una sociedade máis libre, máis xusta . . . en definitiva mellor para todos.

Pola túa forma de ser, polo teu xeito de facer as cousas, por ser unha muller libre; o teu recordo seguirá vivo en todos nós e en cada recuncho deste Concello.

 

ANTÍA BARREIRO GARCÍA (4º ESO C)

A este fermoso texto da nosa alumna, unímonos todos os que a coñecemos e tivemos o privilexio de compartir a nosas vidas con ela.

COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES MARÍA CASARES 

 

 

O NOSO ALUMNADO SEGUE RECOLLENDO ÉXITOS...

Anita Sánchez Prieto (á dereita), alumna de 1º de Bacharelato, participou, xunto ao seu equipo de Ximnasía Artística "Tempo" na primeira fase da liga nacional "Iberdrola" na que obtivo o 5º posto na clasificación xeral.

NORABOA a Ana, en especial, e tamén ao seu equipo. É un orgullo para o centro que, ademais do esforzo académico, os nosos alumnos participen e destaquen, como é o caso, noutras actividades.

 

ACTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O pasado venres día 1 de febreiro, un grupo de alumnas do IES María Casares organizou un acto de rexeitamento da violencia contra as mulleres. Leron algúns textos reivindicativos e escoitamos varias cancións. Toda a comunidade educativa participou neste acto de repulsa contra a violencia machista e de reivindicación da liberdade das mulleres e do seu dereito a vivir sen medo. O alumnado, o profesorado e o persoal de administración e servizos colaborou vestindo de negro en homenaxe ás mulleres asasinadas polas súas parellas.

O grupo organizador, as alumnas e o alumno que dirixiron o acto e o equipo directivo agradecen a todos os participantes a súa actitude de respecto e colaboración neste acto reivindicativo.

IES MARÍA CASARES. ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA.

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS

 

Imagen relacionada O Concello de Oleiros ACORDOU, mediante Decreto da alcaldía nº 5485/2018, de 26 de decembro, CONCEDER ao IES María Casares unha subvención por importe de 12.264 € (doce mil douscentos sesenta e catro euros) para os seguintes conceptos: “Actividades didácticas, culturais e deportivas (viaxes culturais en Galicia, concertos, intercambios escolares como Hamburgo, viaxe a neve a Formigal, viaxe a Xenebra, viaxe a Madrid e viaxe a Italia) para 631 alumnos-as e viaxe da fin de etapa da ESO a Andalucía para 49 alumnos-as.”

 

AVISO IMPORTANTE

Esta madrugada uns asaltantes, polo de agora descoñecidos, inhabilitaron o vídeo porteiro recentemente instalado no acceso peonil ao centro. Por este motivo, e ata que a avaría sexa reparada, a porta de acceso peonil non dispón de apertura remota. O alumnado pode acceder ao centro á primeira hora polos accesos habituais; se desexan (eles ous as familias) acceder ao longo da xornada lectiva, poden situarse na porta principal (a que dá á Avda. Che Guevara) e/ou chamar ao teléfono 981626344 e o persoal de administración e servizos facilitaralles o acceso ao recinto. Rogamos disculpen as molestias que esta circunstancia poida ocasionar.

Se teñen algunha información que permita ás autoridades competentes identificar aos delincuentes, estamos á súa disposición.

Un saúdo.

A Dirección.

ACCESO AO CENTRO

Por razóns de seguridade do alumnado e de acordo coa normativa vixente, procedeuse a automatizar as portas principais que dan acceso ao recinto escolar. O alumnado entrará e sairá polos accesos habituais ao comezo e ao remate da xornada lectiva. En horas intermedias, tanto o alumnado como os visitantes, tenrán acceso a través da porta peonil que está situada na rampla lateral, dotada dun vídeo porteiro.

OLEIRESAS E OLEIRESES POLO MUNDO

Nesta semana o alumnado de 2º de Bacharelato do IES María Casares cambiou o seu hábitat natural, é dicir, o instituto e, como recompensa tras finalizar a 1ª avaliación, colleron a maleta dispostos a viaxar, a divertirse e tamén a continuar aprendendo.

Un grupo viaxou a Madrid para asistir a unha representación teatral, deleitarse cun musical, visitar a Residencia de Estudiantes, coñecer Alcalá de Henares… e facer algunhas compras.

Outro grupo encamiñouse cara a Suíza, en concreto a Xenebra para, entre outras actividades visitar as instalacións do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), que é o maior laboratorio de investigación en física de partículas do mundo, onde probablemente acaben traballando…

REPORTAXE GRÁFICA

Aquí os temos posando para as fotógrafas e traballando duramente no CERN

 

 

TORNEO INTERNACIONAL DE JUDO "VILLA DE AVILÉS"

Esta fin de semana estase a celebrar o Torneo Internacional de Judo "Villa de Avilés", no que participan 12 deportistas do Concello de Oleiros, entre eles numerosos alumnos do noso centro. Desexámoslle éxito a todos e, moi especialmente, ao noso alumnado.

Powered by Drupal - Design by artinet