Skip to Content

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Co obxecto de fomentar a competencia matemática e a creatividade, e dentro das actividades desenvolvidas para a conmemoración do Día Internacional das Matemáticas, convocamos o primeiro concurso de fotografía matemática no IES María Casares. Os gañadores foron:

Categoría A:
1º premio "Geometría hacia el Cielo" - Daniel Raposeiras 2º ESO B
2º premio  "Recta de Sol entre 90º de Montaña" - Irene Santomé 2º ESO B
Accésit 1 "Fractales Soleados" - Autora Descoñecida
Accésit 2 "Fruta Áurea" - Nuno Bravo 2º ESO B


Categoría C:
1º Premio "O Caracol de Fibonacci" - Manuel Seoane Siso 1º Bach C
2º Premio "Laranxa e Círculo" - Samuel Ríos Mosquera 1º Bach C

Para ver todas as fotografía premiadas preme no enlace.

Se queredes ver todas as fotos participantes pincha no seguinte enlace:

https://fotomate-iesmariacasares.blogspot.com/

Parabéns para tod@s e grazas pola vosa colaboración.

LUNS 22 DE ABRIL. DÍA NON LECTIVO

Recordamos ás familias que o vindeiro luns 22 de abril é un dos días de carácter non lectivo elixidos polo centro e aprobados pola Xefatura Territorial. 

FEIRA MATEMÁTICA

As alumnas e alumnos de 2ºESO do Club de Ciencias participaron o pasado sábado 6 de abril na Feira Matemática anual organizada por AGAPEMA en Palexco.

No seu stand mostraron os distintos xogos de mesa elaborados este ano no Club (feitos coa impresora 3D e con material reciclado) e explicaron as mellores estratexias de cada un.
Ademáis puideron interactuar con rapaces doutros centros e participaron en varias actividades da feira.

 

A MULLER E AS MATEMÁTICAS

O venres 12 de abril, o alumnado de 2º e 4º ESO asistiu a unha charla impartida pola matemática e profesora de estatística na UDC María Amalia Jácome Pumar.

Nela coñeceron a figura de Florence Nightingale, unha pioneira tanto da enfermaría moderna como da estatística, e que foi considerada como a persoa que máis vidas salvou na guerra de Crimea (1853-1856).

Tamén descubriron como é o traballo de investigación en estatística, e cal é a importancia que ten en áreas como a medicina, así como o recoñecemento que teñen as mulleres que están a levar a cabo eses proxectos.

PLANTA POTABILIZADORA "A TELVA"

O alumnado de Economía de 1º de Bacharelato realizou o 2 de abril unha visita a "A Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva"acompañados pola profesora Dolores Rey.
Nesta planta industrial cáptase, decántase, fíltrase e esterilízase a auga procedente do encoro de Cecebre a través do río Mero. Unha vez completado este proceso, a auga impúlsase ás cabeceiras das redes de abastecemento, xa apta para o consumo humano.


Moitas grazas ao persoal pola atención recibida.!

EMPRESA FAMILIAR NAS AULAS

O pasado 12 de marzo  o alumnado de 1º  de bacharelato de Economía e o de 2º de bacharelato de Empresa e Diseño de modelos de negocios asistiron no  noso instituto á conferencia "Empresa familiar nas aulas", organizada polo departamento de Economía grazas á colaboración da Asociación Galega da Empresa Familiar.

 Nesta ocasión, contamos con Bartolomé Pidal , presidente do Grupo Nortempo e Fundación que nos explicou a importancia do papel das empresas familiares no desenvolvemento do noso país. Tamén nos falou dos valores das empresas familiares e dos retos que se presentan para a súa continuidade.


Posteriormente o 14 de marzo a alumnado de 1º de bacharelato visitou as instalacións da empresa Nortempo, explicáronnos todo o traballo que se leva a cabo  nos distintos departamentos e o alumnado realizou unha práctica dun proceso de selección de persoal.
 

 

Grazas a Bartolomé Pidal   e o personal de Nortempo por achegarnos a súa experiencia  e por toda a súa atención!

ESTREA DE XADREZ XIGANTE NOS IDUS DE MARZO

Estreamos na IV edición do campionato de xadrez do noso centro un xadrez xigante e taboleiro exterior. Esta semana foi onde a nosa rapazada desprega todas as súas habilidades xadrecistas na biblioteca e nesta edición tivemos na entrada exterior do centro o escenario da final da ESO e de Bacharelato, final á que chegaron os que manexaron mellor as súas destrezas neste xogo milenario. Nesta IV edición os gañadores foron Raziel Mendoza na categoría de ESO e Sebastián López na de Bacharelato.

 


No xadrez, como na vida, a mellor xogada é sempre a que se realiza.

S. Tarrasch, Clásico do Xadrez.

Finalistas ESO

               Finalistas Bacharelato

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da Avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º de EP e 2º curso de ESO. 

No caso de Galicia, terán lugar os próximos 10 e 11 de abril

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

CONVOCATORIA DE BOLSAS 2024-2025

Os alumnos e alumnas que vaian a cursar estudos postobrigatorios poden solicitar estas axudas dende o 19 de marzo ata o 10 de maio a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes.
(https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076)

Para máis información descarga o documento

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: CHARLA UDC

A través  do programa "Entra no futuro", o  alumnado  de 1º Bacharelato participou nunha charla informativa moi interesante sobre a oferta dos estudos e diferentes actividades que se poden realizar na UDC.

Esta charla foi impartida o martes 19 de marzo por Dna. Carolina Rosende Bautista, profesora do grao de Podoloxía da UDC.

Distribuir contido


by Dr. Radut