Skip to Content

ACTIVITAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Chegou ao seu fin o programa ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS coa gravación dun programa de radio no que o alumnado participante puido gozar da experiencia de ser "comunicadores" dos temas que trataron durante o curso.

A finalidade do programa era tomar conciencia sobre aspectos da nosa sociedade que deberían mellorar como o respeto e integración social de todas as persoas, os distintos tipos de violencia ou o coidado do noso medio.

Agardamos que vos axude a reflexionar e colaborar na creación de ese MUNDO QUE QUEREMOS. 
Grazas a todos os que colaborastes!!!

STEMBACH

Hoxe felicitamos á IV Promoción de STEMBach do IES María Casares, que hai uns días remataron a súa formación coa exposición dos seus Proxectos de investigación. Ditos proxectos foron defendidos ante unha comisión avaliadora.

Tanto as cualificacións obtidas como a experiencia destes dous cursos foron altamente satisfactorias, o que mereceu os parabéns dos avaliadores e do resto dos asistentes ao acto.

A relación de alumnado participante e os proxectos defendidos foron os seguintes:

•    Nora Khidroun Meléndrez (O laboratorio das emocións)
•    Gabriel Rodríguez Carlín e Iago Van de Weyer Lodeiro (A vexetación da contorna do teu centro educativo e a súa morfoloxía polínica)
•    Antía López Rodríguez, Paulina Pernas Preissl, Vanesa Calvo Rosende, Sayari Correia Montenegro, Julia Ríos Carro e Cristina Díaz Fernández (Procura de novos compostos antitumorais)
•    Iago Arsequell Rodríguez (Buscando a Young)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

O centro participará no vindeiro curso no proxecto E-Dixgal en todos os cursos de ESO. Non obstante poden consultar toda a información relativa ás axudas para adquisión de material escolar neste ENLACE

EXAMES FINAIS PARA O ALUMNADO DE 1º DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Datas de realización dos exames finais para o alumnado de 1º de FPB que, por non ter superado o curso por avaliacións ou por ter perdido o dereito á avaliación continua, deba presentarse aos exames finais:

 

DATA MATERIA HORA
30 de maio de 2023 Comunicación e Ciencias sociais I

 9:20-10:10 

1 de xuño de 2023 Instalacións eléctricas e domóticas  9:20-10:10
1 de xuño de 2023 Inglés  12:30-13:20
2 de xuño de 2023 Ciencias aplicadas I  9:20-10:10

5 de xuño de 2023

Equipamentos eléctricos e electrónicos  8:30-9:20

GALICIENCIA 2023

Os alumnos Javier Docampo, Sara Mosteiro e Manuel Velasco xunto coa profesora Lucía Rodríguez participaron con gran éxito na edición deste ano de Galiciencia cos proxectos "Aviones de papel" e "Cometas, más que un juego de niños".

Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo o taller no simulador de voo da Aula Newton.  Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente acadaron o premio ao mellor proxecto englobado na temática aeronautica e aeroespacial.
Parabéns!! Gran traballo!!

Podes ler máis e ver máis imaxes na publicación do blog do club de Ciencia

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023

As listaxes poderán consultalas:

 

  • Presencialmente. Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente. Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 

Prazo para formular reclamación: as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

INFORMACIÓN ALUMNADO 2º BACHARELATO

Para consultar a información relativa ao procedemento de reclamación ás cualificacións finais, a solicitude do Título de Bacharel e a matrícula nas probas ABAU, prema neste ENLACE.

 

ROTEIRO COSTA DE DEXO

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía 1ºBAC  xunto coa súa profesora Geni Couceiro visitaron o 2 de maio o espazo natural Costa de Dexo resultando unha xornada do máis interesante e proveitosa.

Aínda que a contorna non era descoñecida para eles, aprenderon sobre flora, fauna e comprobaron in situ os problemas de degradación do medio e das especies invasoras.

OLIMPIADA MATEMÁTICA 2023

O pasado 27 de abril, os nosos alumnos de 2º ESO, Mario Suárez Vázquez e  Fabián López Calviño, participaron na fase de zona da Olimpíada Matemática 2023 que se celebrou na Coruña.

Mario Suárez, foi un dos 40 seleccionados para participar na final galega, que se celebrará o vindeiro 25 de maio en Lugo.

Parabéns para o alumnado e a súa profesora Silvia Veciño. E moita sorte para Mario na final!!!!!

 

II CONCURSO MEMES MATEMÁTICOS

Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional das Matemáticas (14 marzo, ata 2019 Día Internacional de pi), celebramos o segundo concurso de memes matemáticos. Os gañadores foron:

Edgar Fabricio Guerra Barcia (1º ESO-A) e Santiago Babío Cottrell (2º ESO-B)

Parabéns para tod@s e grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut