Skip to Content

VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA

O derradeiro día de curso, 1ºESO A visitou o castro de Elviña, o único de Galicia con sumidoiros de augas pluviais.

Na foto feita na croa (parte alta do castro), pode enxergarse ao lonxe a torre de Hércules, edificio coetáneo do castro.

VIAXE 4º ESO - LONDRES 2023

RESULTADOS DELF

Os diplomas poderanse recoller no centro nun prazo aproximado de 3 meses. Na secretaría poderán consultar as cualificacións.

 

CALENDARIO FIN DE CURSO ESO E FPB

No documento deste ENLACE poden sonsultar o calendario de fin de curso para o alumnado da ESO e FPB.

As datas para formalizar a matrícula, en horario de 9:00 a 14:00 horas, do curso 2023-2024 son as seguintes:

  • Luns 3 de xullo. Alumnado 2º de Bacharelato.
  • Martes 4 de xullo. Alumnado de 1º de Bacharelato.
  • Mércores 5 de xullo. Alumnado de 4º da ESO.
  • Xoves 6 de xullo. Alumnado de 3º da ESO.
  • Venres 7 de xullo. Alumnado de 2º da ESO.
  • Luns 10 de xullo. Alumnado de 1º da ESO.

Ao alumnado de 2º, 3º, 4º da ESO e BAC facilitaráselle o sobre de matrícula xunto co boletín de cualificacións. O alumnado de 1º de ESO dos centros adscritos ten o sobre de matrícula nos seus respectivos centros. Se algunha razón de forza maior impedise acudir ao centro na data estipulada, póñanse en contacto coa Secretaría para pactar outra data.

SPRING WEEK

Dende o 28 de maio ata o 3 de xuño, 26 alumnos e alumnas de primeiro de ESO fixeron unha semana de inmersión lingüística nos Peares (Lugo), onde tiveron a oportunidade de convivir con alumnado doutros centros e practicar o inglés coa axuda de profesores e monitores nativos.

O programa, que combina clases de inglés polas mañás e actividades lúdicas pola tarde, priorizando a comunicación oral no lugar da gramática, conseguiu que ao final da semana a maior parte do alumnado fose quen de e facer uso da lingua inglesa.

Volveu a rapazada con moitas ganas de repetir a experiencia, polo que o centro espera poder repetila no próximo curso.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. CALENDARIO DE EXAMES

Para consultar as datas dos exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de Bacharelato e Formación Profesional Básica, prema AQUÍ.

CALENDARIO FIN DE CURSO 1º BACHARELATO E 1º FPBásica

Neste ENLACE pódese consultar o calendario final de curso para os niveis de 1º de Bacharelato e 1º de Formación Profesional Básica.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DE 1º DE BACHARELATO E 1º DE FPBásica

Mañá pola tarde desenvolveranse as avaliacións ordinarias dos cursos de 1º de Bacharelato e 1º de Formación Profesional Básica. Por razón de prazos as cualificacións serán exportadas á aplicación informática e entregadas persoalmente ao alumnado ás 20:00 horas.

PRE-MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Co fin de realizar unha mellor planificación do vindeiro curso, para elixir as materias optativas prema na ligazón correspondente. 

O prazo para realizar a pre-matrícula estará aberto ata o 11 de xuño de 2023.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

BIG CHALLENGE

A profesora visitante Khushi Jolly fixo entrega dos certificados e dos premios correspondentes aos nosos alumnos que participaron no concurso europeo de inglés chamado THE BIG CHALLENGE. Felicitamos a todos eles que como en edicións anteriores, acadaron  moi bos resultados. 

 Destacamos a participación de  Mario Suárez Vázquez de 2º Eso-C e de Pablo Rodríguez Gagino de 3º Eso-C que finalizaron primeiros na súa categoría. Parabéns!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut