Skip to Content

INTERCAMBIO OLEIROS-ANNECY

INTERCAMBIO OLEIROS-HAMBURGO

Aquí unha mostra do moito que disfrutamos da primeira etapa deste intercambio.

 

VISITA A GADISA

O alumnado de 2º de Bacharelato de Economía da Empresa realizou o pasado día 2 unha visita as instalacións de GADISA acompañados pola profesora Dolores Rey.

Explicáronnos o modelo de negocio que segue a empresa, a importancia e a  relación do marketing con todos os departamentos e visitamos o almacén onde vimos todo  o seu funcionamento.

 

OBRADOIRO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

Durante o mes de abril o alumnado de 1º de ESO realizou un obradoiro de prevención do acoso escolar impartido pola empresa Alicce.

Ó longo de tres semanas, a través de diferentes dinámicas, xogos e debates tiveron a oportunidade de formarse e reflexionar sobre o que é o acoso, como previlo e como actuar cando observan unha situación de maltrato entre iguais. 
A actividade enmárcase dentro do Plan de Convivencia do centro.

VISITA Á PLANTA POTABILIZADORA "A TELVA"

O alumnado de Economía de 1º de Bacharelato realizou o pasado 17 de abril unha visita a "A Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva" acompañadas polas profesoras Yessica Pérez e Dolores Rey.

 

CHARLA FP DUAL

O 12 de abril celebrouse no centro unha charla sobre a Formación Profesional Dual para o alumnado de 1º de bacharelato.

O alumnado foi informado sobre a organización, a oferta e os requisitos para cursar estes estudos. 
A actividade enmárcase dentro do Programa de Orientación Académica e Profesional do centro. 

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación y Formación Profesional convoca axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 8/05/2023 ata o 20/09/2023

Información: Convocatoria das axudas,  Anuncio da convocatoria no BOE

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección   https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html  ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección  EducaciónyFP

 

GAÑADORES DA FINAL DO RALLY MATEMÁTICO 2023

O equipo de 4º de ESO acadou o primeiro posto na final da edición XXXI do Rally Matemático. Os seus componentes, Noa, Carlos, Nicolás, José Ángel, Manuel, Sergio, Ismael, Diego e Gael,  dirixidos pola profesora Consuelo Castro, gañaron esta importante e recoñecida competición impulsada pola institución Igaciencia.

Parabéns para o alumnado e o profesorado implicado, e tamén para as súas familias pola súa colaboración.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023

O pasado luns 24 de abril, celebramos o Día do Libro cun invitado moi especial: o polifacético Xurxo Souto, de quen tanto se pode dicir que é escritor, como xornalista, cantante ou profesor de Clásicas.

O alumnado de 1º de Bacharelato tivo a ocasión de pasar un anaco intenso e inesquecible no que falamos de literatura, da necesidade de non esquecer xamais as nosas raíces como habitantes da ría da Coruña, do valor de facer música ou de escribir como modo de realización e satisfacción persoal; en definitiva, da vida con maíusculas. Ao final do acto todos os asistentes cantamos un rebético (canto popular grego), na súa lingua orixinal e na súa adaptación ao galego, aí é nada!

Grazas Xurxo por nos dar unha das mellores leccións de todo o ano, desas que te fan pensar sobre as cousas que verdadeiramente importan!

Volve sempre, sabes que o María Casares é a túa casa!

FINAL GALEGA DO RALLY MATEMÁTICO

O equipo de 4º de ESO, dirixido pola profesora Consuelo Castro, acadou un dos tres postos na final autonómica do Rally Matemático, a celebrar o vindeiro 24 de abril, na Facultade de Química en Santiago. O gañador desta Fase galega participará na Final Internacional, que ata o ano pasado se celebraba en Toulouse.

Parabéns aos seus compoñentes, Carlos, Nicolás, José Ángel, Noa, Manuel, Gael, Sergio e Diego.

Por outra banda, felicitar tamén ao equipo de 3º ESO-D, dirixido pola profesora Lucía Ríos, formado por Miguel, Alex, Martina, Oleksii, Cristina, Blanca, Hugo e Laura, que tiveron unha excelente participación na primeira Fase de centro.
Parabéns para o profesorado implicado, e sobre todo para o alumnado, e as súas familias pola súa colaboración. E moita sorte en Santiago!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut