O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º rematan curso e Etapa. Para festexalo todo o colexio participou nas actividades de despedida... Foi unha xornada de emocións e bágoas, pero moi moi bonita!!!

Podedes ver a recopilación de fotografías dos festexos aquí:

DESPEDIMOS O CURSO 208/19

Hoxe foi un día cheo de festa e emocións.

Xa rematamos o curso e temos que despedirnos por todo o alto coa vista posta nun descanso moi merecido para tod@s!!!

FELIZ VERÁN FAMILIAS!!!

Visitamos ASPACE

Alumnos e alumnas de 6º de primaria tiñeron a sorte de visitar as instalacións e ao alumnado de ASPACE en Sada. Foi unha visita moi educativa onde probamos os distintos sistemas e métodos de aprendizaxe que se levan a cabo Alí. 

Ademáis dende o centro de ASPACE pídennos a colaboración para que participemos e votemos a través deste link na súa iniciativa e que podar optar ao premio. Animádevos!

VOTA AQUí!

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE IGUALDADE DO CONCELLO DE OLEIROS

Alemsay e Diego foron os gañadores do concurso de Igualdade organizado polo Concello de Oleiros.

Noraboa!!!

Podedes ver o vídeo e a canción aquí:

ROUTEIRO ATA O INSTITUTO MARÍA CASARES

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria participaron nun routeiro dende o noso colexio ata o instituto María Casares, centro no que estudarán o vindeiro curso na súa entrada en Educación Secundaria. Tiveron unhas xornadas de información e acollida no Instituto e así preparar a súa chegada ao novo centro. 

Toda a sorte do mundo para a vosa nova etapa!

 

OLA E ADEUS

Os alumnos e alumnas de 6º de Infatil e 6º de primaria, dan a benvida as súas novas etapas educativas para o vindeiro curso, Cunha xornada de convivencia onde compartiron agasallos, risas e emocións...

Xa chega ó final!! Podedes ver as imaxes desta xornada de festa...

 

 

NOTA ACLARATORIA DA ANPA

Bo día, familias

 

En relación á última circular entregada pola ANPA fanse as seguintes aclaracións:

 

O BANCO DE LIBROS DE PRÉSTAMO ANPA É UN FONDO SOLIDARIO PARA SOCIOS E SOCIAS DO ANPA e o seu procedemento é o seguinte:

 

ORDE DE PRIORIDADE:

 

1º-Complementaranse os libros que lles falten aos nenos que fixeron solicitudes do fondo solidario da Xunta (sairá a resolución na primeria quincena de Xullo).

OS PAIS E NAIS TRAERÁN CUBERTO O FORMULARIO DO ANPA COS LIBROS QUE LLES FLATEN E OS DÍAS 16 E 17 DE XULLO DE 16:00 A 17:30H, POR ORDE DE CHEGADA, ENTREGARANSE.

 

2º-Os nenos que non solicitaron a través da Xunta os libros e entregaron o formulario na ANPA ata o 21 de Xuño, poderán vir ao cole a recoller os libros os días:

-27 DE XUÑO DE 16:00 A 17:00H.

-UN DÍA DE SETEMBRO QUE COINCIEIRÁ CO DÍA QUE O COLE ASIGNE PARA A ENTREGA DE LIBROS DA XUNTA.

EXCURSIÓN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA OA COUREL

Durante dous días, os alumnos de 5º de primaria estiveron de Excursión polo Courel grazas ao Concello de Oleiros. 

Fixeron moitas actividades rodeados dunha paisaxe única e gozaron moito deses días. Agradecemos moito o seu bo comportamento, xa que todos os monitores do Concello e os mestres que foron con eles e elas están moi contentos.

Visitaron a casa de Uxío Novoneira en Parada de Sil e fixeron varios routeiros pola zona.

Unha auténtica aventura a pesares do tempo que non acopañou.

 

RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DE OLEIROS

Bo día,familias,

 

Adxuntamos a esta entrada a resolución da comisión de escolarización de Oleiros, reunida o 6 de xuño de 2019.

Tamén a podedes consultar no taboleiros do noso colexio.

IMPORTANTE.AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS

Bo día, familias,

 

O venres publicouse no BOP o extracto da convocatoria das axudas á escolarización para o curso 2019/2020 que se fai dende a concellería de Servizos Sociais e Sanidade no Concello de Oleiros.

Estas axudas son compatibles coas convocadas pola Xunta de Galicia.

As bases completas podedes atopalas na web do Concello de Oleiros, na concellería de Servizos Sociais e Sanidade. Tamén atoparedes o formulario que debedes cubrir e a documentación que se debe aportar.

Estes papeis tedes que entregalos no Concello e tedes ata o 20 de xuño.

Un saúdo!!

Distribuir contido