O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

Día da concienciación do Autismo

 

Hoxe, 2 de Abril é o día da concienciación do Autismo.  

Todo o cole engalanouse de azul e festexamos o día tomando conciencia de que tod@s somos diferentes e que as diferenzas fannos únicos!

Podedes ver as Imaxes do día aquí:

 

CHARLA INFORMATIVA:BO USO DE INTERNET, XOGOS E RRSS PARA PAIS DE ALUMNOS ATA 6º DE ED.PRIMARIA

Bo día, familias,

 

Ante a enorme importancia que ten, cada vez máis en idades temperás, un bo uso de internet, xogos e redes sociais, invitámosvos a asistir a un encontro con persoal especializado para falar destas ferramentas e do mellor uso e precaucións a tomar con elas para evitar problemas que poden afectar tanto a súa saúde física como intelectual, emocional e de relacións.

Agardamos a vosa presenza e participación para informarnos e compartir medidas que axuden a unha mellor educación integral dos vosos fillos.

 

DATA: MARTES, 26 DE MARZO.

LUGAR: SALA DE USOS MÚLTIPLES DO COLEXIO (1º andar).

HORA: 19:00 HORAS (tempo aprox. 1 hora).

 

AGARDÁMOSVOS!!

SEMANA DE ROUTEIROS E DE ACTIVIDADES CÓ CONCELLO DE OLEIROS

Moitos cursos, tanto de Educación Infantil como de Primaria, participaron nos routeiros pola nosa contorna que organiza o Concello de Oleiros. Os nenos e nenas gozan moitísimo nestas excursións polo contacto coa natureza e a exploración da contorna máis próxima. 

 

 

Ademáis, polo día mundial da poesía, o Equipo de Normalización Lingüística en colaboración có Concello de Oleiros, organizou un taller onde recitaron, escoitaron e incluso cantaron poemas de Manuel María, decorados con ilustracións de Leandro Lamas.

 

 

ACTÍVASE O SERVIZO DE MEDIACIÓN NO CENTRO

Servizo de Mediación no  Luís Seoane:

Despois de formarnos e con moita ilusión temos o pracer de comunicarvos que no noso cole pódense resolver os conflitos  a través da “Mediación”. Contamos cun equipazo nos cursos de 5º e 6º de EP.

Igual de importante é o equipo de “Difusión” cuxo cometido foi explicar a todo o cole o que é a Mediación.

 

Aquí vos deixamos os enlaces que vos axudarán a entender do que estamos a falar. 

Que é a Mediación?

 https://www.youtube.com/watch?v=-l1XJoy0n-0&t=57s

 

A mediación no CEIP Luís Seoane:

https://www.youtube.com/watch?v=qi70_j7PSUk&feature=youtu.be

 

 

Este é o buzón para solicitar a Mediación que  veredes na Planta baixa.

PONTE DE MARZO

Bo dìa familias,

 

Recordade que non teremos clase ata o mércores, 20 de marzo, posto que este luns foi un dos dìas escollidos como non lectivo e o martes é festivo.

Disfrutade da ponte!!! 

Vémonos o mércores.

5º de EI na fundación Luís Seoane

Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Infantil visitaron a Fundación Luís Seoane. Poderes pinchando nesta imaxe ver as fotos dese día tan divertido.

 

 

1º 2º e 3º de Primaria Na obra A Galiña dos ovos de cores

 

Esta mañá o Primeiro ciclo de Primaria e 3º, dentro das actividades organizadas polo Concello de Oleiros, foron á Fábrica e gozaron dun concerto, pequeña obra de teatro e danza que se chamaba A galiña dos ovos de Cores, basada nunca obra de Carlos Casares.

 

 

 

MULLERES EXTRAORDINARIAS

O 8 DE MARZO É O DÍA DA MULLER.

NO COLE CONVOCAMOS O I CERTAME DE MULLERES EXTRAORDINARIAS E A RESPOSTA FOI INCRÍBLE. MOITOS NENOS E NENAS PARTICIPARON CUNS TRABALLOS PRECIOSOS E EMOCIONANTES NOS QUE CONTABAN A VIDA DUNHA MULLER DA SÚA FAMILIA.

DESTES TRABALLOS FIXEMOS UNHA PEQUENA SELECCIÓN PARA REALIZAR UNHA PEQUENA HOMENAXE A TODAS AS MULLERES EXTRAORDINARIAS QUE TEMOS AO NOSO CARÓN.

AQUÍ PODEDES VER A PEPITA, A MARÍA, A MARILUZ, A MARÍA ARMESTO, Á FILLA DE MARUXA, A MARISA, A ALBA E A NELI, MULLERES QUE SON FANTÁSTICAS, LOITADORAS, DIVERTIDAS, VALENTES, INTELIXENTES... E SEN DÚBIDA, EXTRAORDINARIAS.

FELIZ DÍA DA MULLER!!!

 

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Bo día, familias

 

Con motivo da folga convocada par ao día 8 de marzo ( Día Internacional da Muller), este centro informa que parte do persoal docente e non docente ten pensado acollerse ao seu dereito á participación na folga polo que o desenvolvemento habitual da xornada escolar verase afectado.

Para abordar a situación o colexio seguirá o disposto no Decreto 19/2019 do 28 de febreiro, polo que se ditan as normas para garantir os servizos esenciais para ese día (Dog 1/03/2019).

Agracedemos a vosa colaboración.

 

ENTROIDO NO COLE

O venres 1 de marzo festexamos a chegada do entroido. Todo o cole converteuse nun bosque de animais e seres imaxinarios. Foi unha festa por todo o alto chea de cantos, bailes e risas... Por fin tedes todas a imaxes e videos por se non poidechedes vir esa mañá.

Esperamos que vos guste!!!

 

 

 

Distribuir contido