Skip to Content

Paisaxe e Sustentabilidade

Saída escolar: Aeródromo de Rozas e Lugo

Este xoves o alumnado realizamos unha saída escolar a Castro de Rei e a Lugo para realizar, en horario lectivo habitual, dúas actividades enmarcadas en dous dos Plans Proxecta levados a cabo no centro este curso escolar.

Ao comezo da xornada visitamos en Castro de Rei o Aeródromo de Rozas, saída vinculada ao Plan Proxecta “Mobilidade Sostible e Segura”, co cal o noso alumnado está a observar con espírito crítico os espazos públicos en que se move e as medidas de seguridade a ter en conta en cada caso. Este ano centrámonos nun proxecto ao que chamamos “Por terra, mar e aire” e con esta saída pretendemos ofertar unha experiencia nova para o alumnado, no que poderá afondar máis sobre a aviación e os seus múltiples usos e actividades. Alí puidemos coñecer máis sobre as partes que compoñen distintos tipos de vehículos aéreos e o seu funcionamento. Máis de un e unha quixemos probar algún dos aparellos que vimos alí!

Charla: ECONOMÍA CIRCULAR

Que é a ECONOMÍA CIRCULAR?

Durante o 14 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria participou nunha charla sobre Economía circular, un proxecto desenvolto pola asociación medioambiental "Galicia Ambiental".

Esta nova corrente busca preservar a natureza, coa innovación tecnolóxica como aliada fundamental, no que a reciclaxe, máis ala de ser un obxectivo, é un complemento máis cara a consecución dun desenvolvemento sostible da sociedade e un aproveitamento dos recursos naturais que temos ao noso alcance.

Como resumo da charla, podemos salientar o seguinte decálogo:

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!

Escollendo a temática este ano do noso mural de Nadal decidimos inspirarnos nas paisaxes artísticas de Vicent Van Gogh.

O alumnado de 4º, 5º e 6º do centro decorou o fondo do noso mural coa sua versión do cadro "A noite estrelada", logo de falar sobre o artista e analizar as cores e a paisaxe da súa obra, traballando a pincelada tan característica deste artísta.

Mentras, o alumnado de 1º, 2º e 3º cambiou o cripres do cadro orixinal pola nosa árbore reciclada de nadal, decoraron adornos para ela e entre todos enviaron as seguintes mensaxes e desexos navideños para todas e todos:

LOVE 

PEACE

Saída escolar: Teatro e Castro de Viladonga

O pasado día 29 de novembro realizamos todo o alumnado do centro unha saída cultural enmarcada en dous Plans Proxecta que desenvolve este centro.

Un deles é o plan "Nós tamén creamos!" onde o noso alumnado esta a traballar, entre outras, cuestións relacionadas coa alfabetización audiovisual, competencia cultural e artística, creatividade, linguaxe audiovisual, literatura infantil e linguaxe teatral, o cal está vinculado coa asistencia a obra de teatro “RAIO DE LOUBICAN, TEATRO DE TÍTERES MICROMINA” no Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo). Pasamolo moi ben coa historia e aventura do Loubican, e vimos unha maneira diferente de contar e ver historias.

 

 Por outra banda realizamos dúas actividades educativas enmarcadas no Plan proxecta “Paisaxe e Sustentabilidade”.

Por un lado unha visita guiada con obradoiro ao Castro De Viladonga. Alí convertémonos en arqueólogas e arqueólogos e fomos investigando polo museo, buscando pistas e diferentes obxectos atopados no castro, a lista era longa pero atopámolos todos. Averiguamos un pouco máis sobre a forma de vida naquela época e as ferramentas que empregaban, e o que máis nos impresionou foi ver os restos arquitéctonicos e a forma na que se organizaban, aproveitando a paisaxe que tiñan ao seu alcance.

Distribuir contido


by Dr. Radut