Skip to Content

O colexio encantado - Samaín, Halloween e Magosto 2018

MAGOSTO - SAMAÍNHALLOWEEN

"MAGOSAMALOWEEN"

Estas semanas realizamos no noso centro unha gran festa de outono, celebrando conxuntamente o Samaín, Halloween e Magosto ao que, por aclamación popular, pasa a denominarse a partires de hoxe "MAGOSAMALOWEEN".

Preparándonos para a gran ocasión, durante estas semanas o alumnado e profesorado estivemos a decorar o centro para que parecera un colexio encantado: colgáronse girnaldas, decoráronse as portas e enredámonos en mil telas de araña.

Na biblioteca realizamos unha selección de libros de medo, que estivemos a leer na escola e na casa, e tamén falamos da orixe de cada unha destas tradicións.

O alumnado e as familias participaron moito nesta festa, creando verdadeiras obras de arte coas cabazas e traendo ao centro postres escalofriantes feitos por eles e elas. Ademais, cada neno e cada nena de 4º, 5º e 6º fixo  un gran traballo científico buscando, pesando, medindo e mesturando ingredientes cun resultado increíble abrindo e compartindo cos demais  a creatividade reposteira. Todo este traballo quedou plasmado en formato PDF (traballo en libre office feito por eles e elas, texto fotografía e maquetación), con todos os ingredientes, pasos e fotografías que ilustran a realización dos postres. Agora é tempo de xuntalas e compartilas cos compañeiros e compañeiras así como co resto do mundo mundial.

Oxe día 31 de Outubro demos fin a estes días terroríficos cunha gran festa: vimos a película "Coco", degustamos castañas no recreo, disfrazámonos, xogamos a xogos populares adaptándonos á temática do día e ambientamos todo con moita música, escollida para a ocasión polo alumnado de 4º,5º e 6º de primaria. 



blog | by Dr. Radut