Skip to Content

Excursión Sarria-Monforte

Comezamos a xornada saíndo pola mañán dirección Sarria, para acudir a unha exhibición de medios de diferentes especialidades pertencentes ao corpo da Garda Civil.

Puidemos coñecer de primeira man traballos máis específicos que realiza este corpo de seguridade. Algúns deles foron ver os materiais e modos de traballo do Seprona, Policía Xudicial, actividades de rescate subacuáticas ou o corpo de artificieiros, o cal impresionou moito as nenas e nenos polo tipo de ferramentas coas que teñen que traballar nesta especialidade, na que teñen que manexarse con explosivos. 

Vimos unha recreación de como funciona un equipo de rescate en zonas de dificil acceso, como unha montaña, e fomos conscientes da dificultade que pode haber nun rescate neste tipo de situacións. 

Con esta experiencia desfrutamos manexando e vendo as distintas ferramentas que empregan, puidemos montar e coñecer as motos e coches cos que traballan e escoitamos todas as curiosidades que nos tiñan que contar, así como valorar o importantes que son moitas das actuacións que levan a cabo. 

Por outro lado, tamén puidemos traballar co alumnado unha visión  crítica sobre perigos dos que temos falado na aula, sobre a nosa seguridade e a forma que temos de movernos e comportarnos no noso entorno, sendo conscientes dos perigos que nos rodean moitas veces, e que parecen invisibles. 

 

https://www.elprogreso.es/gl/articulo/sarria/«la-guardia-civil-hace-magia»/201805161718021312602.html

Despois desta intensa mañán, dirixímonos ata Monforte de Lemos, onde fomos xantar e pola tarde realizamos unha visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia e coñecemos un pouco o lugar. 

Como parte do plan proxecta "Mobilidade Sostible e Segura", no centro estamos a traballar conflictos diarios que poden xurdir no día a día do noso alumnado mediante distintas actividades, nas que o noso alumando, mediante a potenciación dunha visión crítica do seu día a día, comeza a ser consciente do seu papel como peatóns, así como dos usos correctos como viaxeiros de distintos medios de transporte e como conductores de outros, como as bicicletas.

Por iso, esta pareceunos unha moi boa oportunidade para afondar un pouco máis sobr este medio de transporte: os trenes. 

Vimos como evolucionaron os mesmos ao largo da historia, os usos que se lle daban (transporte de mercadorías, pasaxeiros, bélicos, lúdicos...), os mecanismos que empregaban nas vías ou como se comunicaban entre eles, poñendo todo isto en comparación co funcionamento dos trenes nos que viaxamos oxe en día. Por outro lado, falamos das medidas de seguridade que se ten que ter nos mesmos, tanto viaxando neles como nas inmediacións das plataformas. 

E para rematar a xornada, so o podíamos facer dunha maneira: con unha mini viaxe nun clásico tren que ainda teñen en funcionamento, foi moi divertido! 

 



blog | by Dr. Radut