Skip to Content

Traballando ángulos

Cada día explicamoslles aos nenos e nenas que o que aprendemos nos libros debemos empregalo na nosa vida diaria, que non soamente debémos memorizar o contido. 

Mediante os proxectos que levamos a cabo no centro, conseguimos que vexan utilidade aos coñecementos que traballamos na aula previamente. 

Neste caso, na aula de mátematicas de 4º,5º e 6º de Primaria estivemos a tratar un problema que nos xurdíu no noso horto e invernadoiro escolar. 

Todos os días o alumnado vai regar o horto, pero se queríamos que as nosas pequenas plantas medraran moito e tiveran todos os nutrintes e vitaminas que logo íamos consumir no noso comedor, debíamos buscar outra maneira de rego. 

Que se nos ocorreu? Un aspersor! 

 

Pero agora viña o problema...Como instalábamos ese aparato? Hacia onde tiña que mirar? Cal era o punto do horto no que debiamos clavalo para que regara todo a partes iguais? 

Foron moitas as preguntas que nos fomos facendo, así que puxémonos máns á obra e empezamos a empregar o que aprendemos na aula: medimos, calculamos e empregamos os famosos ángulos, que sempre debuxamos nas libretas pero que parecen carentes de significado. 

Con todo isto as nenas e nenos de 4º,5º e 6º deron unha clase de matemáticas moi distinta, ao aire libre e na que eles mesmos solucionaron un problema da vida cotía: empregando a súa lóxica e coñecementos. 

Aquí vós deixamos o vídeo do noso novo sistema de rego. 



blog | by Dr. Radut