Skip to Content

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 22-23

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

A quen vai dirixida

-Fondo solidario de libros de texto a 3º e 4ºde educación primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto por participar no proxecto E-Dixgal).

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria.

Prazo para presentar as solicitudes

Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño, ambos incluídos.

Onde se presentan as solicitudes

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informátican Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

Documentación necesaria para tramitar o procedemento

- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) que podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO Ie ANEXO II

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 



blog | by Dr. Radut