Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo

solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e

material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria,

educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes

sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de

procedemento ED330B).

 

Destinatarios:

- Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

 

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

 

- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumando de primaria.

O alumnado que curse 5º e 6º durante o curso 2021-2022 será 

excluído da participación no fondo solidario de libros de texto por

participar no programa E-Dixgal, pero poderán solicitar as axudas

para adquirir material escolar.

 

  Prazo de presentación das solicitudes:

 

 Dende o 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos incluídos.

 

Como presentar as solicitudes:

- Presencialmente no centro. Solicitude Anexo I e Anexo II dispoñibles no seguinte enlace:

ANEXO I e ANEXO II.

- Por vía telemática creando a solicitude na   aplicación informática Fondolibros

(https://www.edu.xunta.es/fondolibros) , e presentándoa posteriormente na sede

electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

 

Documentación a presentar:

 

- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 

-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut