Skip to Content

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes (código de procedemento ED330E).

O alumnado que obtivo vale para material escolar neste curso 2020/2021 será beneficiario directo, polo que non terá que realizar ningún tramite.

O alumnado que non obtivo vale para material escolar pero pertenza a familias cunha renda igual ou inferior a 6.000€ deberá presentar solicitude.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro  utilizando o formulario normalizado Anexo I, que atoparedes ao fondo desta publicación en ficheiro adxunto. Tamén está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no propio centro educativo.

O prazo de presentación será de 10 días contados a partir do vindeiro luns 16 de novembro.

 

 

 

 

AnexoTamaño
Anexo I.pdf4.15 MB


blog | by Dr. Radut