Skip to Content

Blogues

E ti...tes uns hábitos saudables?

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de educación primaria estiveron estas semanas traballando nas clases de Ciencias Naturais nun proxecto, empregando as novas tecnoloxías, para recadar información e analizala para sacar conclusións sobre se temos uns hábitos saudables no centro e nas nosas casas.

Para isto creáron unha enquisa, na que participaron eles, o profesorado do centro e tamén todo aquel que estivera interesado/a en colaborar. 

Unha vez teñamos os datos, realizaremos o seu análise, empregando gráficas, para coñecer un pouco máis sobre os malos e bos hábitos que temos, e que podemos facer para melloralos. 

O alumnado de 4º, 5º e 6º agradecen a colaboración de todos e todas os que participedes na enquisa! 

Animádevos! 

Enquisa hábitos saudables 4º 5º 6º

 

 

Lousada contra a violencia de xénero

25 NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para concienciarnos sobre a importancia, impacto e responsabilidade que todos e todas temos na sociedade e en nos mesmos, no CEIP Plurilingüe de Lousada todo o alumnado estivo traballando neste Lipdub en contra da violencia de xénero. 

Agardamos que vos guste tanto velo como a nós facelo! 

 

Proxecto "Autumn Leaves"

Na aula de Infantil estivemos levando a cabo durante o primeiro trimestre un proxecto en inglés sobre o outono e sobre todo o relacionado con esta estación. 

Durante estes meses aprendemos unha gran cantidade de novas palabras en inglés e curiosidades sobre o outono. Por exemplo traballamos coas cores, practicamos os números, a roupa que poñemos nestas fechas, realizamos a lectura e dramatización dun breve poema en inglés, analizamos como cambia a natureza nesta estación, festexamos o Halloween como o fan nenos e nenas noutros países de fala inglesa e puxémolo en contraste co noso Samaín. 


A modo de pequeno resumo fixemos o seguinte poster dixital, co cal as nenas de infantil se divertirán moito vendo o producto do seu traballo ao mesmo tempo que se inician no manexo das novas tecnoloxías. 

Non o perdades! 

Se non conseguides ver ben aquí o poster dixital, premede na seguinte ligazón: 

https://edu.glogster.com/glog/autumn-project/2nvej32jhgj

Hurry up!

Para traballar a roupa e expresións que empregamos nestas épocas do ano tan frías, estivemos traballando a seguinte canción coas nenas de Infantil. Divertímonos moito imitando as persoaxes e cantando a canción, e collemos algunha expresión para as nosas rutinas diarias. 

Aquí nos podedes atopar...

CEIP Plurilingüe de Lousada

Código do centro: 27005263

Enderezo:

Estrada de Portomarín (LU-612), S/N 

San Mamede de Lousada (San Mamede)

CP: 27185 

Concello: Guntín

Provincia: Lugo

Correo: ceip.lousada@edu.xunta.es

Teléfono: 982 87 03 66

Google Maps

 

Distribuir contido


by Dr. Radut