Skip to Content

Blogue de CEIP Plurilingüe de Lousada

Movémonos con saúde

Na sociedade na que vivimos faise fundamental facer actividade física e aproveitar os tempos mortos dentro do ámbito educativo para fomentar o deporte e actividade física. Os beneficios do exercicio son máis que notables e moi relevantes en etapas de curta idade como a de Educación Infantil ou Educación Primaria.

Porén, dende o CEIP de Lousada queremos fomentar o exercicio e a actividade física dentro do tempo en que os alumnos e alumnas permanecen no centro educativo.

Neste blogue veredes todas as actividades que levamos a cabo con este plan proxecta "Movemento e Saúde". 

Grazas por visitarnos! 

BLOGUE MOVEMENTO E SAÚDE

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Dende o CEIP Plurilingüe de Lousada informamos:

TODOS OS ALUMNOS QUE PRESENTARON A SOLICITUDE DE MATRICULA PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024 FORO ADMITIDOS.

 

A listaxe provisional está publicada no centro.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2023/2024

FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS CURSO 2023/2024

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, oxe, día 16 de xaneiro, inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adcrición para o alumnado que cambia de etapa.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual, empregando o formulario en papel (que se enviou a través do alumnado) ou ben de xeito telemático, a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

  • O prazo para a asignación de prazas remata o 6 de febreiro; mais cómpre entregalo canto antes

 

Calquera dúbida será resolta no centro educativo.

PROGRAMACIÓNS DE CUARTO

PROGRAMACIÓNS DE SEXTO

Distribuir contido


by Dr. Radut