Pensamos mentras nos movemos

Dentro da área de Educación Física incluímos o aspecto cognitivo. O alumno/a a parte de aprender uns determinados modelos, tamén é importante que descubra, é dicir, que pense por sí mesmo.

Actualmente, a Educación Física tenta traballar a competencia motriz e o conxunto de competencias clave e de igual xeito desenvolver a cognición dos alumnos.

No día de hoxe traballamos cunha serie de exercicios e xogos para conseguir que os alumnos/as aprendan a pensar mentras realizamos actividade física con competición, logrando así un maior índice de motivación grupal. 

Nas imaxes podemos ver o xogo do tres en raia mentres realizamos carreiras de relevos en equipo.