Iniciar sesión: Acceso

Día Internacional da Muller

Ligazón a video de Michelle Bachelet (Directora EXecutiva de ONU Muller) no día Internacional da Muller

Publicado o 5 Mar, 2013

Para o Día Internacional da Muller, 8 de marzo de 2013, Michelle Bachelet, a Directora Executiva de ONU Mulleres, di que, "non hai lugar no século XXI para a discriminación e a violencia contra mulleres e nenas."

Para saber máis sobre Michelle Bachelet

Michelle Bachelet

Google conmemora a loita da muller pola súa participación e a súa igualdade dedicándolle  o seu doodle deste venres.


- Mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar case cen anos de loita pola igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

 

PARA SABER MÁIS:

Ligazón á o artigo da Voz de Galicia ¿Día Internacional da Muller ou Día da Muller Traballadora?

Ligazón á o artigo da Voz de Galicia ¿Día Internacional da Muller, Día da Muller ou Día da Muller Traballadora?

 

OS CHOQUEIROS DE VALÓN

O entroido chegou a Valón,

ponte o teu disfraz e

celebrémolo un montón.

Os nenos de A Laxe quérente convidar

e así máis poderás disfrutar.

Xa están facendo das súas,

e aquí o poderemos comprobar.

Mirade estas fotos de Entroido

tamén chamado Carnaval!

A meca

 

 

TEMPO DE ENTROIDO

EXPOSICIÓN SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO.

Todas as aulas, dende Infantil ata 3º ciclo estivemos traballando nunha exposición moi completa sobre as personaxes máis significativas do Entroido en Galicia. Deixámosvos unhas fotos e invitámosvos a vir a vela, xa que estará exposta unha temporada.

Para máis información:

http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/

Un saúdo e QUE TEÑADES UN ENTROIDO MOI FESTEIRO!!

 

VIAXE A ASTURIAS XULLO 2010

6º EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2010-2011

Distribuir contido