Iniciar sesión: Acceso

XA ESTAMOS EN VENUS!!

    Bos días!!!

   Venus é o planeta que imos coñecer hoxe. Deixo un vídeo explicando un pouquiño este planeta e tamén a actividade de observación e motricidade fina que propoño.

   Venus ten forma de esfera, hai algún obxecto en forma de esfera na vosa casa? Podemos buscar a ver se atopamos algunha.

   Para a actividade que aparece no vídeo deixo as tarxetas cos patróns a repetir por se serven de axuda, pero poden facer calquera outro, a misión é que fagan o mesmo patrón que se lles da.

   Por outra banda, deixo un enlace para xogar ao memori de forma interactiva e outro para repasar as figuras xeométricas dunha forma divertida.

   Memori:     https://www.juegosarcoiris.com/juegos/varios/memorion/

   Figuras xeométricas: https://arbolabc.com/juegos-de-figuras-geometricas/volcan-de-formas

   Ademais, aquí vai outro vídeo do sistema solar para coñecelo un poquiño máis.

   

    E para rematar, a pista para adiviñar o próximo planeta: É o planeta onde vivimos.

   Moito ánimo e un bico enorme!!!

Distribuir contido