Iniciar sesión: Acceso

TAREFAS DE INGLÉS, ESTIMULACIÓN ORAL E EDUCACIÓN FÍSICA

    Bos días peques,

  hoxe é martes e imos repasar inglés, mover un pouco o corpo e exercitar a nosa lingua. Sorriso

   En inglés imos seguir repasando o alfabeto, polo que vos deixo dous enlaces con vídeos para seguir traballándoo. 

   https://learnenglishkids.britishcouncil.org/songs/the-abc-fruity-band

  https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/abc-zoo

   Ademais deixo de novo o enlace do xogo do alfabeto.

   https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/abc-zoo

   Lembrade botarlle un ollo ao blogue de Educación Física e o de "Aula Naranja" para ver as actividades.

  Un bico enorme.

MARTES, 5 DE MAIO DE 2020

CORRECCIÓNS DE MATEMÁTICAS:

Se alguén ten dúbidas, non dudedes en preguntar!

BIcos

Lidia.-

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

   O sábado, 2 de maio, foi o Día Internacional contra o acoso escolar. Para concienciar da importancia de respectar aos demais tal e como son e de non illar aos compañeiros e compañeiras deixo este corto no que se nos conta a historia dun ourizo no seu primer día de colexio. El intenta facer amigos pero as súas púas llo poñen difícil: os seus compañeiros sepáranse del e o ourizo séntese triste e só. Finalmente un esquío atopa unha solución para que poida xogar e disfrutar co resto dos animais. 

Lunes 4 de mayo

Buenos días familias,

Para esta semana vamos a centrarnos en acabar el trabajo de estadística de matemáticas( el documento que os envié la semana pasada). 
Acordaos que hoy es el último día para acabar las tareas semanales de ingles, así como tenéis que elaborar un experimento y su explicación incitando los pasos que seguisteis para hacerlo. ¡Estoy deseando ver vuestros resultados!Guiño
En el caso de sociales, espero estéis investigando y encontrando datos curiosos. Si alguien necesita más material, que lo pida y os ayudaré encantada.
Ánimo a todos y nos vemos a lo largo del día.

LUNS, 4 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!

Imos a por Maio con enerxía? Agora que xa saídes un pouquiño, seguro que estades máis contentos e activos. Onte fixo un día estupendo, que gusto o solete na cara, verdade?

MATEMÁTICAS

Seguimos co tema das fraccións, ide a entrada anterior do blog donde estaba o vídeo resumo donde as explico e o vedes de novo. Podedes ir directamente tamén a través de youtube.

Colledes o libro, e facemos os exercicios 1 , 2 e 3 da páxina 136 , e o exercicio 11 da páxina 139.

LINGUA GALEGA

Maio é un mes importante par a nosa lingua, porque é o mes das Letras, da celebración das Letras Galegas.

Polo que este mes adicarémolo a isto.

Entrades nesta ligazón, que é unha páxina onde encontraredes moita información.

O primeiro que tedes que facer é copiar na libreta o enunciado : LETRAS GALEGAS 2020 e copiades a información que vos ven na páxina de Ricardo Carvalho Calero, que é o autor homenaxeado.

Logo ides a pestaña donde por “Letras Galegas” e copiades o ano e ao lado o autor homenaxeado. Algo así...

2002---------------------Frei Martín Sarmiento

2003----------------------

Se non o entendedes, falamos a través de Hangouts.

De este exercicio enviádesme unha foto a través de Hangouts de modo privado. Os que non teñades unha conversa privada aberta comigo, xa a creo eu hoxe pola mañá.

Esta información toda serviravos para unha actividade moi chula que estamos preparando para conmemorar o día !

Déixovos como sempre un xoguiño par os que queiran repasar...

https://www.vedoque.com/juegos/tablas.swf

E ata aquí o traballo de hoxe, desfrutade do día!

Mil bicos molones!

Seguide quedando na casa! Xuntos conseguirémolo!

Lidia

Distribuir contido