Estimadas familias:
AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos vosos fillos e fillas a través do teléfono móbil.
Trátase dunha aplicación móbil para os sistema operativos máis difundidos: iOS e Android.
Deixovos as instrucións no adxunto. Se alguén tivese algunha dificultade para descargar a aplicación, comunicadeo as titoras e solucionaremos o problema.
Son instrucións que chegan dende a Consellería para que podades acceder ás notas da 2º avaliación dos vosos fillos e fillas que serán publicadas ao longo da semana.
Espero que estedes moi ben e moito ánimo que pronto nos veremos!!!!!
Xuntos conseguirémolo!!!!
Eu quedo na casa!!!!!
Patricia
Adxunto | Tamaño |
---|---|
guia-mobil-familias-galego.pdf | 1.74 MB |