Iniciar sesión: Acceso

Blogues

CHARLA SOBRE AS TENDAS

   Para rematar o noso proxecto sobre as tendas tivemos a visita da mamá de Naela que veunos a contar en qué consiste o traballo de dependenta. Díxonos cales son as súas tarefas, qué cousas non debe facer, cómo lle gusta que a traten os clientes, qué tarefas ten que facer nunha panadería, e ademais tróuxonos un mandil de Nadal para poder atender coa roupa adecuada na nosa tenda da aula.
  Moitas grazas!!!

                

                

FACEMOS CUBOS

    Como estamos traballando as formas e corpos xeométricos hoxe fixemos un cubo. Para iso necesitamos 8 bolas de plastilina (que tivemos que facer) e 12 paus de madeira. Despois fomos unindo as bolas cos paus ata que formamos o noso cubo. 

   Pasámolo moi ben!!!

                      

                           

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25N)

   Hoxe no colexio celebramos o 25N. Primeiro todos os alumnos e alumnas do centro e todo o profesorado bailamos unha versión da canción de Lola Índigo "Ya no  quiero ná".

 


   Despois os nenos e nenas de infantil limos o conto de "Arturo e Clementina", falamos de cómo  trataba Arturo a súa compañeira e de se o seu comportamento era correcto.
   Para finalizar pintamos unhas marionetas dos protagonistas do conto.

                                   
             


                           

MAÍNZO

   Grazas ao avó de Sara que nos madou unha bolsa chea de espigas puidemos desgranalas e conseguir moitos grans de maínzo cos que traballaremos na aula.
   Observamos que algunhas teñen grans vermellos e outras amarelos, ademais de que hai que ter forza para poder sacalos, pero fomos capaces!!!
   Moitas grazas avó de Sara!!!

CELEBRAMOS O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

   Hoxe os nenos e nenas de infantil celebramos o noso día, o Día  da Infancia. Falamos deste tema na asemblea e despois entre todos fixemos un mural para poñer no pasillo do centro. Nel deixamos impresas as nosas mans e coloreamos carteis con algúns dos nosos dereitos, os cales deben ser respectados.
 

Distribuir contido