Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Ola familias!

xa estamos de volta e con moita enerxía despois das vacacións de Nadal. 

Nada máis chegar á aula atopámonos cunha sorpresa: tiñamos uns agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos. Eran uns xogos cos que podemos traballar a atención, a memoria, o conteo, a asociación de grafía- cantidade, as sumas e restas e a coordinación óculo- manual. Xa estivemos familiarizándonos con eles.

Tamén estamos empregando a nova pantalla da aula onde podemos debuxar e escribir.

Estes días tamén estivemos preparando uns agasallos e a decoración para a visita que imos recibir a vindeira semana dos nosos socios dentro do proxecto Erasmus+: Polonia, Suecia e Wales.

E o venres volvemos a poñernos os nosos delantais de cociñeiros para elaborar unha receita coa mamá e a tía de Duarte: un brownie de plátano e cacao con fresas. Que rico!! Aquí vos deixamos un vídeo resumo.

REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE

Ola familias!

Estas semanas estivemos preparando todo o remate de trimestre, ademais de realizar as actividades do calendario de advento, sen esquecernos por suposto das sorpresas que nos tiña preparado Trastín, o elfo de Papá Noel que estivo co nós desde comezos de decembro ata o último día de clase.

Cada día atopábamos unha trastada nova, é máis pillo! Aquí vos deixamo algunha mostra.

Tamén preparamos as nosas bolsas para levar os traballos á casa. Nesta ocasión fixemos unhas coroas que pintamos con palliñas, decoramos cos nosos dedos e ás que lles puxemos uns lazos con purpurina, os cales previamente tivemos que picar.

Ademais elaboramos as portadas dos traballos facendo un boneco de neve estampando esponxas redondas e cos nosos dediños fixemos os copos. Só quedaba rematarlo cun gorriño e os demais elementos que o completan: ollos, boca, nariz, mans e botóns.

Dentro das tarefas do calendario de advento do cole tivemos que realizar unha manualidade e nós fixemos dúas: unha botella sensorial con purpurina, auga e colorante, e unhas boliñas para as nosas casas.

Tamén fixemos unha postal para felicitar o Nadal cunha árbore que elaboramos ordeando tiras de papel de cores segundo a súa lonxitude (desde a máis longa ata a máis curta).

Celebreamos o día das persoas con discapacidade (o 3 de decembro), vendo a curtametraxe de "Cuerdas" e poñéndonos unhas pulseiras como na curta.

Acudimos ao segundo andar do cole a ver a exposición de libros de Nadal que nos preparou a profe Andrea e tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca.

Tamén recollimos elementos da natureza durante o recreo coas que elaboramos elementos de Nadal como está árbore feita con paus.

Aquí tedes as nosas boliñas de Nadal! Guiño

Outra das actividades era unha merenda de Nadal que nós fixemos con sandwiches saudables de queixo e xamón con formas navideñas: estrelas, gorros de Papá Noel, árbores... Como nos gusta desfrutar destes momentos xuntos!!

Tamén seguimos con actividade de Nadal, neste caso para afianzar a direccionalidade. 

Levamos a cabo o amigo invisible no que cada neno/a recibiu un agasallo reciclando xoguetes da casa ou facendo manualidades.

O mércores recibimos a visista do Apalpador que nos falou un pouco da súa historia. Grazas por vir!!!

E o último día recibimos a visita de Papá Noel que nos deu unha aperta moi forte e nos trouxo uns agasallos. Moitisimas grazas!!! Que ilusión!!! 

Ademais xogamos cos nosos compañeiros/as de 3 anos e a profe Iria a un bingo de Nadal no que tamén obtivemos un agasallo: adornos de Nadal.Sorriso

A merenda nesta oacasión foi chocolate con churros. Que ricos!!!

E para rematar as celebracións tivo lugar o Festival de Nadal no que participamos realizando un baile que saiu perfecto e sobre todo co que disfrutamos moito compartindo esta experiencia cos nosos compañeiros/as e 3 anos e coas nosas familias!!!

Vémonos á volta!!!

FELICES FESTAS!!!!!!

QUE ESTIVEMOS FACENDO ESTOS DÍAS?

   Estos días estivemos realizando diversas actividades coas que aprendemos xogando.

   Traballamos a subitización calculando cun só golpe de vista cantos pompóns hai nun bote e nos achegamos bastante ao número exacto.

   Echemos o bote de galletas ao mesmo tempo que traballamos a conciencia fonolóxica, por qué letra comeza cada obxecto?

   Fixemos cadeas de figuras xeométricas segundo as indicacións dadas: número, forma e cor.

   E comezamos coas propostas de NADAL.

   Para afianzar o conteo tiramos o dado e lle puxemos ao boneco de xenxibre tantos botóns como indicaba. Chegamos a tirar ata 3 dados, realizando ao mesmo tempo sumas.

   No recuncho de arte decoramos con boliñas de cores unhas bolas con diferentes grafismos, ao mesmo tempo que traballamos a nosa motricidade fina.

   No laboratorio tivemos que empregar a fondo as nosas mans e a nosa creatividade para decorar cunha boliñas as árbores de Nadal feitas con limpiapipas. Quedaron preciosas!!!

   E seguimos avanzando na lectoescritura ao mesmo tempo que lembramos vocabulario destas festas: collemos unha boliña con purpurina onde hai unha imaxe e a identificamos (traballando desta forma a atención), buscamos a tarxeta con ese mesmo debuxo e formamos a palabra coas letras. Os maiores ademais formárona tamén en minúscula pra ir familiarizánonos coas novas grafías.

   Ademais o xoves chegou o Elfo, axudante de Papá Noel, que nos tiña unha carta no noso buzón. Ven para quedarse con nós uns días, pero temos que ter coidado coas súas travesuras, é un pouco pillo, jeje

   E tamén comezamos a elaborar o fondo dunha actividade de arte que nos vai levar algunha sesión máis. Nesta ocasión pintamos con pompóns nunha cartulina branca e traballamos a nosas mans e a pinza dos dedos.

  Non nos podemos esquecer da comida de Nadal que nos prepararon algúns compañeiros/as.

   Todos os días no tempo de xogo libre escollemos o material que nós queiramos: quebracabezas cos que traballamos a atención e o dominó para o conteo.

  Quebracabezas cos que afianzamos a serie numérica.

   Xogos de mesa como o Grabolo para exerceitar a nosa atención.

   Ou quebracabezas silábicos para avanzar na lectoescritura.

    A mestra está moi orgullosa de nós.Sorriso

EXPERIMENTO

  Esta semana convertémonos en científicos grazas á profe Lidia. Para iso necesitamos discos desmaquillantes, leite e xabón para lavar a louza.

  Primeiro pintamos con puntillos os discos desmaquillantes sen que quedara nin un oco branco, despois lle botamos xabón para a louza por detrás e echemos unha bandexa de leite. A continuación puxemos o disco coas cores para enriba e, SORPRESA!! As cores do disco pasaron á leite!!!

  Encántamos aprender experimentando!!

CONMEMORAMOS O 25N

   A semana pasada conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero.

   Primeiro elaboramos uns carteis morados con frases que por desgraza se oen bastante na actualidade: "As mulleres mellor na cociña" e "As nenas non xogan ao fútbol", os cales empregamos no vídeo que fixo o cole para conmemorar esta data.

  Ademais elaboramos unhas gafas e unha pulseiras con mensaxes; visionamos xunto cos nosos compañeiros/as de primaria o vídeo do cole e o da FEANPA, no cal tamén participamos; e rompemos a cadea contra a violencia de xénero dixital.

Distribuir contido