Iniciar sesión: Acceso

REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE

Ola familias!

Estas semanas estivemos preparando todo o remate de trimestre, ademais de realizar as actividades do calendario de advento, sen esquecernos por suposto das sorpresas que nos tiña preparado Trastín, o elfo de Papá Noel que estivo co nós desde comezos de decembro ata o último día de clase.

Cada día atopábamos unha trastada nova, é máis pillo! Aquí vos deixamo algunha mostra.

Tamén preparamos as nosas bolsas para levar os traballos á casa. Nesta ocasión fixemos unhas coroas que pintamos con palliñas, decoramos cos nosos dedos e ás que lles puxemos uns lazos con purpurina, os cales previamente tivemos que picar.

Ademais elaboramos as portadas dos traballos facendo un boneco de neve estampando esponxas redondas e cos nosos dediños fixemos os copos. Só quedaba rematarlo cun gorriño e os demais elementos que o completan: ollos, boca, nariz, mans e botóns.

Dentro das tarefas do calendario de advento do cole tivemos que realizar unha manualidade e nós fixemos dúas: unha botella sensorial con purpurina, auga e colorante, e unhas boliñas para as nosas casas.

Tamén fixemos unha postal para felicitar o Nadal cunha árbore que elaboramos ordeando tiras de papel de cores segundo a súa lonxitude (desde a máis longa ata a máis curta).

Celebreamos o día das persoas con discapacidade (o 3 de decembro), vendo a curtametraxe de "Cuerdas" e poñéndonos unhas pulseiras como na curta.

Acudimos ao segundo andar do cole a ver a exposición de libros de Nadal que nos preparou a profe Andrea e tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca.

Tamén recollimos elementos da natureza durante o recreo coas que elaboramos elementos de Nadal como está árbore feita con paus.

Aquí tedes as nosas boliñas de Nadal! Guiño

Outra das actividades era unha merenda de Nadal que nós fixemos con sandwiches saudables de queixo e xamón con formas navideñas: estrelas, gorros de Papá Noel, árbores... Como nos gusta desfrutar destes momentos xuntos!!

Tamén seguimos con actividade de Nadal, neste caso para afianzar a direccionalidade. 

Levamos a cabo o amigo invisible no que cada neno/a recibiu un agasallo reciclando xoguetes da casa ou facendo manualidades.

O mércores recibimos a visista do Apalpador que nos falou un pouco da súa historia. Grazas por vir!!!

E o último día recibimos a visita de Papá Noel que nos deu unha aperta moi forte e nos trouxo uns agasallos. Moitisimas grazas!!! Que ilusión!!! 

Ademais xogamos cos nosos compañeiros/as de 3 anos e a profe Iria a un bingo de Nadal no que tamén obtivemos un agasallo: adornos de Nadal.Sorriso

A merenda nesta oacasión foi chocolate con churros. Que ricos!!!

E para rematar as celebracións tivo lugar o Festival de Nadal no que participamos realizando un baile que saiu perfecto e sobre todo co que disfrutamos moito compartindo esta experiencia cos nosos compañeiros/as e 3 anos e coas nosas familias!!!

Vémonos á volta!!!

FELICES FESTAS!!!!!!