Skip to Content

Exposición de cabazas de Samaín

Un ano máis, o CEIP Labaca celebra co gallo do Samaín o seu certame de cabazas decoradas, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística coa colaboración do Departamento de Inglés e o Equipo de Actividades Complementarias.

Cabaza tallada coa fachada da escola

Desde o hoxe 28 de outubro e ata o xoves 30 pódese visitar a exposición de todas as cabazas participantes no patio cuberto de Educación Infantil. De entre todas elas, haberá mención para a cabaza máis orixinal, a máis terrorífica e a máis simpática. 

De certo que será unha escolla difícil dada a alta participación acadada este ano, participación que o centro quere agradecer a todos os nenos e nenas e aos pais e nais que axudaron a darlle forma ás súas ideas co coitelo.

Benvida ao curso 2014-2015

Estimadas familias,

Como cada ano por estas datas, ao comezo do curso escolar queremos saudarvos, facervos chegar a nosa máis sincera benvida e poñernos á vosa disposición para todo aquelo que necesitedes. Nesta páxina web, baixo o epígrafe De interese do menú Para as familias atoparedes algunhas informacións e recordatorios a ter en conta este ano, pero antes queremos sinalar o especial que é para todos nós o próximo curso. 

En efecto, este 2015 é o ano do noso centenario. Será a ocasión de coñecer e gozar das actividades que levaremos a cabo entre todos: profesores e profesoras, pais e nais, alumnos e alumnas -antigos e actuais- e todas aquelas persoas que queiran compartir connosco este momento de ledicia e celebración.

Distribuir contido


by Dr. Radut