Iniciar sesión: Acceso

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

No documento que se xunta pódense consultar os libros de texto do curso 2021-2022. Tamén os poden atopar no taboleiro interior do centro educativo.

As listaxes de material escolar serán publicadas na páxina web do centro no mes de setembro, uns días antes do comezo do curso escolar.

PORTAS ABERTAS CURSO 2021-2022

Neste 2021, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, as xornadas de portas abertas serán de xeito virtual, polo que vos deixamos este video para poder ver e coñecer un pouco máis o noso cole: 

 

Ademais, na seguinte ligazón tedes a INFORMACIÓN SOBRE EDUCACIÓN INFANTIL.

Nos próximos días, actualizarase todo o relativo á admisión do alumnado (normativa, procedemento, prazos...) no apartado de secretaría.

Guía de lectura Nadal 2020

GUÍA-RESUMO DAS MEDIDAS DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Dada a situación que estamos a vivir sabemos que este será un curso diferente e con moitos obstáculos que salvar, pero esperamos poder ir superándoos coa implicación e esforzo de toda a comunidade educativa. Aquí vos xuntamos un pequeno resumo das principais medidas que adoptaremos no centro seguindo as recomendacións sanitarias e educativas publicadas.

NADAL 2019

Xa está aquí decembro, o mes da ilusión e as sorpresas!

E por iso, queremos facervos un agasallo moi especial, non tedes máis que facer click na imaxe...nadal

SAMAIN 2019

 No arquivo adxunto, queremos compartir unha pequena  mostra do bo facer do alumnado e as familias,  na exposición de cabazas do centro, para celebrar o Samain.

Moitas grazas pola vosa participación e parabéns aos premiados!!!!!!  

imaxe exposicion samain

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

REVISTA ESCOLAR 2019

Como remate do curso, compartimos o enlace da nosa revista escolar para que a disfrutedes no tempo de lecer. Boas Vacacións!!!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-20

Publícase no Diario Oficial de Galicia  do día 20 de maio de 2019, a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

Prazo de solicitude : ata o 21 de xuño

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios dispoñibles na aplicación  da Consellería de Educación  FONDOLIBROS, na SEDE ELECTRÓNICA  da Xunta de Galicia e opcionalmente de forma presencial  na secretaría do centro onde estén admitidos para o curso 2019-2020 ( impresos  dispoñibles tamén na conserxería)

 

 

Distribuir contido