Skip to Content

Normativa

Normativa

Vestimenta

A nosa escola dispón de uniforme e chándal para o seu uso por parte do alumnado nas diferentes actividades que se realizan no centro. A súa utilización, sendo voluntaria, é recomendable nas actividades que se realizan fóra do centro, porque facilitan o control dos alumnos e alumnas e incrementan notablemente a súa seguridade. Poderán recibir información sobre a adquisición destas prendas poñéndose en contacto coa ANPA.

Accidentes

En caso de accidente, os pais/nais ou titores legais serán avisados o máis rapidamente posible. Para facilitar estas comunicacións de urxencia é moi importante que se actualicen os datos familiares de contacto e que estes consten na Secretaría do Centro.

En caso de accidente grave, avisarase aos servizos de urxencia e a directora (ou algún membro do equipo directivo) poderá autorizar o traslado do alumno.

Saídas complementarias e extraescolares

A participación do alumnado neste tipo de actividades é voluntaria e require da autorización por escrito dos pais ou titores legais. 

Ao principio de curso as persoas titoras achegarán o listado das actividades complementarias planificadas para o actual curso, autorizadas polo Consello Escolar e e incluídas na Programación Xeral Anual. As familias deberán asinar o documento que autoriza ou non a participación dos seus fillos nesas actividades. En caso de actividades non reflexadas na Programación Xeral Anual tamén se informará da súa participación coa antelación suficiente.

Cando se trate de actividades que se desenvolvan fóra da localidade ou fóra do horario lectivo requirirán autorización expresa das familias para dita actividade. Se o alumno non aporta o permiso preceptivo por escrito non poderá participar na mesma.

Distribuir contido


by Dr. Radut