Lembramos ás familias do alumnado admitido no centro que deberán formalizar a súa inscrición na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. A atención farase prioritariamente con cita previa chamando ao teléfono 881960282.
Documentación a presentar:
(descargar os impresos dos documentos que se xuntan ou recoller na conserxería do centro)
- Impreso de matrícula (Anexo III-1)
- Ficha de datos persoais
- Ficha de autorización de dereitos de imaxe.
- Cuestionario da lingua materna (para as familias de educación infantil)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- 4 fotos tamaño carné (para infantil) ou 2 fotos (para primaria).
- Fotocopia do libro de familia xunto co orixinal para o seu cotexo (se non foi achegado coa solicitude).
- Calquera outra documentación complementaria, se procede (alerxias, convenio regulador...)