Skip to Content

Como é

Como é

O CEIP Plurilingüe Labaca é un centro educativo situado no centro da cidade da Coruña, na rúa de Juan Flórez. O colexio ocupa o edificio histórico das Escolas Labaca, fundadas en 1915, que se ampliou a finais dos anos oitenta do século vinte para cumprir axeitadamente as novas necesidades educativas. Así, por exemplo, o centro dispón de aula de idiomas, un aula de informática e de pedagoxía terapéutica entre outras.

A docencia desenvólvese en xornada continua de mañá, con horario de 9.00 a 14.00. O centro conta ademais con servizo de madrugadores e comedor escolar e, pola tarde, actividades extra escolares xestionadas pola ANPA.
Imaxe actual do CEIP Labaca

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O colexio conta cun total de 20 profesores e profesoras, aos que se suma o persoal non docente -dúas coidadoras, dúas limpadoras, e un conserxe. Así, ademais das 9 persoas titoras de cada un dos cursos, exercen o seu labor especialistas en lingua inglesa, en pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, educación física, educación musical e relixión aos que se suman un mestre de apoio para Educación Infantil, unha orientadora e unha auxiliar de conversa en lingua inglesa.


O noso centro conta con 9 unidades, repartidas en tres unidades de Educación Infantil e outras seis de Educación Primaria. En total, son arredor de douscentos trinta alumnos e alumnas os que aprenden e crecen actualmente nas nosas aulas.

https://edu.coruna.gal/visitas/ga/colegios/LABACA/tour.html

Distribuir contido


by Dr. Radut