Iniciar sesión: Acceso

REVISTA ESCOLAR 2019

Como remate do curso, compartimos o enlace a nosa revista escolar para que a disfrutedes no tempo de lecer. Boas Vacacións!!!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-20

Publícase no Diario Oficial de Galicia  do día 20 de maio de 2019, a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

Prazo de solicitude : ata o 21 de xuño

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios dispoñibles na aplicación  da Consellería de Educación  FONDOLIBROS, na SEDE ELECTRÓNICA  da Xunta de Galicia e opcionalmente de forma presencial  na secretaría do centro onde estén admitidos para o curso 2019-2020 ( impresos  dispoñibles tamén na conserxería)

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS PROCESO DE ADMISIÓN 2019-20

Con data 14 de maio de 2019, publícanse as LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos de non admitidos para o curso 2019-2020.

 

As listaxes  poderán ser obxeto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación das mesmas.

O alumnado admitido deberá formalizar a  matrícula entre os días 20 e 30 de xuño.

A información sobre a matrícula, actualizarase nas próximas semanas e estará dispoñible a través do menu>secretaría> matrícula e tamén na conserxería do centro.

XORNAL 2017-18

Aquí tedes un enlace para acceder á última edición do xornal.

Que o disfrutedes moito !!

Xornal escolar 2017-18

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2019-2020

Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, abrirase o periodo de solicitude de praza para o  alumnado de educación infantil e primaria para o curso escolar 2019-20.

A solicitude pódese cubrir a través da aplicación da  Xunta que xestiona a admisión de alumnado 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

e presentar o xustificante no centro educativo ou a través da Sede Electrónica.  Se optan por  cubrir a solicitude a man, poden descargar a mesma no seguinte enlace ou recoller copia do impreso na conserxería do centro.

Nos seguintes enlaces  pódese consultar toda a información sobre o proceso de admisión.

Nova composición do Consello Escolar

Tras o proceso electoral levado a cabo este curso, o luns día 10 de decembro constituíuse o novo Consello Escolar, quedando a  súa composición como segue:

  • Presidente: Andrés Soto Domínguez
  • Xefa de estudos: Rosa Velasco González
  • Secretaria: Mª Pilar Miner Pino
  • Representantes de mestres: Yolanda Blanco Pardo, Sandra Chaves Eijo, Begoña Pena Martínez, Lorena Rivas González e Carmen Rodríguez Blanco.                                
  • Representantes de pais e nais: Leticia Barbadillo Vázquez, Vanesa Cruz Campos,  Evangelina Díaz Sóñara  e Francisco Dinis Díaz Gallego
  • Representante da ANPA: Beatriz Castro Pico
  • Representante do Concello: Francisco Javier Mato Fariña
  • Representante de administración e servizos: Beatriz Nuñez Castelo

DÍA DO ENSINO

07/12/2018
Europe/Madrid

Según o calendario escolar o día 7 de decembro  conmemórase o día do ensino polo que  non é lectivo.

Día non lectivo

02/11/2018 00:24
Europe/Madrid

O centro escolleu o día 2 de novembro como día non lectivo

Eleccións membros do Consello Escolar

26/11/2018 00:00
Europe/Madrid

As votacións dos distintos sectores se celebrarán o luns  26 de novembro según o seguinte horario:

  • De 12: a 12:30 h. votacion do persoal non docente
  • Ás 16:00h votación do profesorado
  • De 17:00 a 20:00h votación dos pais/nais/titor@s

 

NADAL 2017

Xa está aquí decembro. Este mes tan especial para os nenos e nenas cada día é unha ilusión, unha mensaxe, unha sorpresa..., un anaquiño do noso corazón.

https://labaca1718.wixsite.com/bonadal2017

 

                                    Resultado de imagen de imaxen nadal

 

    

Distribuir contido