Iniciar sesión: Acceso

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021-2022

Desde o día 1 ata o 22 de marzo, ambos os dous inclusive, abrirase o periodo de solicitude de praza para o alumnado de educación infantil e primaria para o curso escolar 2021-22.

A solicitude pódese cubrir a través da aplicación da  Xunta que xestiona a admisión de alumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

e presentar o xustificante no centro educativo, ou  presentalo a través da Sede Electrónica.

Se optan por  cubrir a solicitude a man, poden descargar a mesma do documento que se adxunta ou recoller copia do impreso na conserxería do centro.

Para dar cumprimento ao Protocolo COVID e respectar os aforos previstos, prégase soliciten cita previa coa secretaría no teléfono 881960282 e serán atendidos no seu horario habitual (de 10:50h a 11:45h).

Nos documentos que se xuntan pódese consultar toda a información sobre o proceso de admisión.

Nova composición do Consello Escolar

Tras o proceso electoral levado a cabo este curso, o luns día 10 de decembro constituíuse o novo Consello Escolar, quedando a  súa composición como segue:

  • Presidente: Andrés Soto Domínguez
  • Xefa de estudos: Rosa Velasco González
  • Secretaria: Mª Pilar Miner Pino
  • Representantes de mestres: Yolanda Blanco Pardo, Sandra Chaves Eijo, Begoña Pena Martínez, Lorena Rivas González e Carmen Rodríguez Blanco.                                
  • Representantes de pais e nais: Leticia Barbadillo Vázquez, Vanesa Cruz Campos,  Evangelina Díaz Sóñara  e Francisco Dinis Díaz Gallego
  • Representante da ANPA: Beatriz Castro Pico
  • Representante do Concello: Francisco Javier Mato Fariña
  • Representante de administración e servizos: Beatriz Nuñez Castelo

FESTIVO LOCAL

07/10/2020
Europe/Madrid

O mércores 7 de outubro é día non lectivo por ser festivo local .

Adaptación das programacións

 

Nos seguintes adxuntos publícanse para a súa consulta, as programacións adaptadas dos distintos niveis   para o 3º trimestre.

DÍA NON LECTIVO

04/05/2020
Europe/Madrid

O centro escolleu o día 4 de maio como non lectivo.

VACACIONS DE SEMANA SANTA

06/04/2020
13/04/2020
Europe/Madrid

 O Calendario Escolar 2019-20 establece o período de vacacions de Semana Santa dende  o día 6 de abril ata o día 13 inclusive. 

DÍA NON LECTIVO

20/03/2020
Europe/Madrid

O día 20 de marzo foi escollido polo centro como non lectivo. Para máis información consultar  no menú o Calendario.

DÍA FESTIVO

19/03/2020
Europe/Madrid

Según o Calendario Laboral de Galicia para o ano 2020 o día 19 de marzo é festivo.

Comezo do prazo de presentación de solicitudes de admisión

01/03/2020
Europe/Madrid

Comezo do prazo de presentacións das solicitudes  de admisión para o curso 2010-21 a través da Sede Electrónica  (Do 1 ao 20 de marzo).Para a presentación de solicitudes no centro, o prazo rematará o día 23 de marzo, por ser o día 20 escollido como non lectivo.

Distribuir contido