Skip to Content

Horarios

Horarios

As actividades lectivas darán comezo ás 9.00 e rematarán ás 14.00 horas. A porta de entrada estará aberta cinco minutos antes e pecharase dez minutos despois das horas de entrada e saída. Os períodos de recreo serán:

  • De 11.20 a 11.40 e de 13.00 a 13.10 para os alumnos de Educación Infantil.
  • De 10.50 a 11.20 horas para os alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • De 11.45 a 12.15 horas para os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Para complementar a xornada, o centro ofrece os servizos de Madrugadores, Comedor e Actividades Extraescolares, os tres xestionados pola ANPA, e que se desenvolven nos seguintes horarios:

  • Madrugadores: de 7.30 a 9.00 horas.
  • Comedor: de 14.00 a 16.00 horas.
  • Actividades extraescolares: de 16.00 a 18.00 horas.

Observacións

De cara a procura dun óptimo funcionamento do centro, pregámoslles respecten as seguintes observacións relativas ao horario:

  • Dentro do horario lectivo non se poderá acceder ás aulas co obxecto de garantir tanto a seguridade como o normal desenvolvemento das actividades lectivas.
  • En caso de retraso, entrarase pola porta principal. O adulto acompañante deberá motivar por escrito a causa da tardanza, sendo o persoal de conserxería o encargado de levar ao alumnado ata a súa clase.
  • En caso de que o alumno ou alumna deba ausentarse ou incorporarse a media mañá a porta de saída será a principal. A persoa responsable deberá motivar por escrito a causa da saída. 
  • A fin de reducir ao máximo as interrupcións en horario lectivo, as entradas e saídas deberán axustarse para que coincidan cos horarios de recreo, no caso de Educación Infantil, ou coas horas de cambio de clase -9.55, 10.50, 11.45, 13.10- en Educación Primaria.
Distribuir contido


by Dr. Radut