Iniciar sesión: Acceso

Admisión alumnado

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021-2022

Desde o día 1 ata o 22 de marzo, ambos os dous inclusive, abrirase o periodo de solicitude de praza para o alumnado de educación infantil e primaria para o curso escolar 2021-22.

A solicitude pódese cubrir a través da aplicación da  Xunta que xestiona a admisión de alumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

e presentar o xustificante no centro educativo, ou  presentalo a través da Sede Electrónica.

Se optan por  cubrir a solicitude a man, poden descargar a mesma do documento que se adxunta ou recoller copia do impreso na conserxería do centro.

Para dar cumprimento ao Protocolo COVID e respectar os aforos previstos, prégase soliciten cita previa coa secretaría no teléfono 881960282 e serán atendidos no seu horario habitual (de 10:50h a 11:45h).

Nos documentos que se xuntan pódese consultar toda a información sobre o proceso de admisión.

Distribuir contido