Skip to Content

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

No documento que se xunta pódense consultar os libros de texto do curso 2024-2025. Tamén os poden atopar no taboleiro interior do centro educativo.

As listaxes de material escolar serán publicadas na páxina web do centro no mes de setembro, uns días antes do comezo do curso escolar.

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

Infórmase da apertura do prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar e a participación no fondo solidario de libros para o alumnado de educación primaria para o curso 2024-2025.

Poden atopar toda a información relativa ao procedemento no apartado Secretaría--Bolsas e axudas desta páxina web.

BECAS ALUMNADO NEAE

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

No apartado de Secretaría desta páxina web, poden atopar toda a información relativa ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025.

 

 

ENTROIDO ARTÍSTICO 2024

Un ano máis chega o entroido ao noso cole, así que todas e todos preparados para cumprir cos divertidos mandadiños do meco. Non tedes máis que premer na imaxe para descubrir todo o que ten preparado.

A diversión está máis que asegurada!

BO NADAL

Estimadas familias:

Dentro do proxecto "Percorrendo a nosa arte" que estamos a desenvolver neste curso, elaboramos este calendario con diferentes artistas galegos/as para felicitarvos o Nadal. 

Podedes atopar a versión para imprimir no documento adxunto.

GUÍA DE LECTURA NADAL 2023

  Coma todos os anos aquí tedes a guía de lectura de Nadal. 

LABACA SOLIDARIA

Estimadas familias:

  Como participantes no Plan Proxecta "Voluntariado Miúdo", neste trimestre, organizamos actividades solidarias con situacións vitais de colectivos vulnerabéis. Así, colaboramos con dúas ONGs da nosa localidade, Ecos do Sur e Accem na recollida de productos de hixiene e almorzos reconstituíntes.

A continuación tedes toda a información necesaria para poder realizar as vosas aportacións. 

Moitas grazas! 

 

 

GRAZAS FAMILIAS

Queremos deixarvos por aquí unha pequena mostra das cabazas e dos bodegóns de outono que achegou o alumnado e as súas familias para a exposición de Samaín. Moitas grazas!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut