Iniciar sesión: Acceso

Novas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-20

Publícase no Diario Oficial de Galicia  do día 20 de maio de 2019, a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

Prazo de solicitude : ata o 21 de xuño

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios dispoñibles na aplicación  da Consellería de Educación  FONDOLIBROS, na SEDE ELECTRÓNICA  da Xunta de Galicia e opcionalmente de forma presencial  na secretaría do centro onde estén admitidos para o curso 2019-2020 ( impresos  dispoñibles tamén na conserxería)

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS PROCESO DE ADMISIÓN 2019-20

Con data 14 de maio de 2019, publícanse as LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos de non admitidos para o curso 2019-2020.

 

As listaxes  poderán ser obxeto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación das mesmas.

O alumnado admitido deberá formalizar a  matrícula entre os días 20 e 30 de xuño.

A información sobre a matrícula, actualizarase nas próximas semanas e estará dispoñible a través do menu>secretaría> matrícula e tamén na conserxería do centro.

XORNAL 2017-18

Aquí tedes un enlace para acceder á última edición do xornal.

Que o disfrutedes moito !!

Xornal escolar 2017-18

 

Nova composición do Consello Escolar

Tras o proceso electoral levado a cabo este curso, o luns día 10 de decembro constituíuse o novo Consello Escolar, quedando a  súa composición como segue:

  • Presidente: Andrés Soto Domínguez
  • Xefa de estudos: Rosa Velasco González
  • Secretaria: Mª Pilar Miner Pino
  • Representantes de mestres: Yolanda Blanco Pardo, Sandra Chaves Eijo, Begoña Pena Martínez, Lorena Rivas González e Carmen Rodríguez Blanco.                                
  • Representantes de pais e nais: Leticia Barbadillo Vázquez, Vanesa Cruz Campos,  Evangelina Díaz Sóñara  e Francisco Dinis Díaz Gallego
  • Representante da ANPA: Beatriz Castro Pico
  • Representante do Concello: Francisco Javier Mato Fariña
  • Representante de administración e servizos: Beatriz Nuñez Castelo

NADAL 2017

Xa está aquí decembro. Este mes tan especial para os nenos e nenas cada día é unha ilusión, unha mensaxe, unha sorpresa..., un anaquiño do noso corazón.

https://labaca1718.wixsite.com/bonadal2017

 

                                    Resultado de imagen de imaxen nadal

 

    

Exposición 100 anos de historias. Escolas Labaca 1915-2015.

No seguinte enlace podedes acceder aos contidos da exposición "100 anos de historia. Escolas Labaca 1915-2015" que tivo lugar o ano pasado na nosa escola.

https://issuu.com/ceiplabaca9/docs/100_anos_de_historia._escolas_labac

 

 

 

Vídeo da conmemoración oficial do centenario

Xa se pode ver en Internet o vídeo da participación dos alumnos no acto oficial de conmemoración do centenario do colexio Labaca que celebramos o pasado 18 de maio.

Captura do vídeo do acto conmemorativo

Xa se pode ler a revista de 2015

Como cada curso, vimos de publicar a revista que temos elaborado ao longo de este curso 2014-2015. A revista, con información e imaxes de todas as actividades levadas a cabo durante o curso, está dispoñible para lectura en liña.

Portada da revista do curso 2015

Festa do centenario

Este venres día 12 terá lugar, a partir das catro da tarde, a festa de celebración do centenario do colexio Labaca. Haberá actividades como un concurso de buxainas ou as propostas da ludoteca Xiramundos, e tamén lambetadas como un carriño de xeados. Ademais, para poñerlle música, terá lugar unha actuación do grupo Mamá Cabra.

Exposicións e acto de celebración do centenario

Seguindo coa axenda de actividades co gallo dos cen anos da fundación do colexio Labaca, durante o mes de maio celebraránse dúas exposicións e máis un acto oficial, o día 18, de conmemoración do Centenario.

As mostras que xa se poden visitar de infantil son a “Aula Centenaria” e máis “Como era o noso barrio”, e están abertas ata o día 27 de maio en horario de 17.00 a 19.00 na Biblioteca e no patio de Educación Infantil respectivamente.

A primeira das mostras está elaborada a partir de materiais cedidos polo Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) e outros procedentes dos fondos do CEIP Labaca e recrea, como indica o seu nome, un aula escolar de hai cen anos.

A segunda pola súa banda, presenta unha perspectiva da cidade e da educación ao longo destes cen anos. Está organizada pola ANPA do centro en colaboración do Colectivo 1AUN, Asociación Cultural para a investigación do territorio e a súa divulgación. Foi elaborada a partir de documentos fotográficos e planos aportados polo Concello da Coruña e institucións diversas, así como polas familias do propio centro.

Ademais, o próximo luns 18 de maio fará exactamente 100 anos que o alcalde da Coruña, don Gerardo Abad Conde, asinou o documento polo que se autorizaba aos irmáns Labaca a posta en funcionamento das recen construídas Escolas do Ave María. Con tal motivo terá un acto académico de conmemoración do Centenario das Escolas Labaca que contará coa actuación do grupo Ponte das Artes. Será as 18.00 horas no ximnasio do propio colexio.

Distribuir contido