Blogue
PDI "40 ANOS DE FESTIVAL CELTA DE ORTIGUEIRA"
Enviado por Anónimo o Ven, 2019-06-07 15:19Xa estamos no mes de xuño e, como ven sendo habitual no centro, comezamos a exposición dos traballos realizados no cole en torno ao tema elexido pola Biblioteca Escolar para o proxecto documental integrado. Este ano tocounos un tema "moi noso", o Festival de Ortigueira.
Pouco a pouco iremos amosando por aquí os traballos realizados. Hoxe comenzamos cuns traballos realizados por moitas aulas: a decoración das portas.
Porta da aula de 1ºA
Porta da aula de 1ºB
Sonaos as imaxes? Claro, son reproducións dos carteis oficiais do Festival. Mirade ven e comparade, temos uns marabillosos artistas.
Con estas portas decoradas iniciamos a presentación do noso proxecto. Pronto subiremos máis portas-carteis. Xa veredes como temos o colexio cheo de obras de arte.
Seguiremos informando!
VISITA AO INSTITUTO
Enviado por Anónimo o Xov, 2019-06-06 15:26O martes os alumnos de sexto, xunto coas súas titoras e o orientador do colexio realizaron unha visita ao IES de Ortigueira. Alí xuntáronse cos alumnos e alumnas do CEIP Francisco López Estada, futuros compañeiros de pupitre.
Todos xuntos foron recibidos polo orientador do instituto, asistiron a unhas charlas e fixeron unha visita para coñecer as instalacións. Tamén compatiron un ratiño de recreo, xunto co alumnado actual do instituto.
Por último, tiveron a sorte de asistir a unha charla-exposición sobre os traballos realizados polo alumnado de robótica.
Moitas grazas a todo o instituto pola invitación!
VISITA DE CRISTIAN F. CARUNCHO
Enviado por Anónimo o Mér, 2019-06-05 21:53
Hoxe visitounos un exalumno do colexio, Cristian F. Caruncho, xoven debuxante, creador do cartel do Festival do Mundo Celta deste ano.
Compartiu dúas sesións de traballo cos nenos de Quinto e Sexto, nas que lles amosou o proceso creativo do cartel, explicándolles os distintos elementos, e lles fixo unha pequena demostración do seu deseño.
Os nenos tamén sorprenderon a Cristian cos seus propios debuxos. Unha actividade moi interesante!
Grazas Cristian!
Para ver máis fotos desta actividades, pincha aquí.
EXPOSICIÓN DO PROXECTO ERASMUS+
Enviado por Anónimo o Mér, 2019-06-05 21:41Por fin temos na entrada do cole un recuncho adicado ao proxecto ERASMUS+ no que participamos este ano.
Como sabedes, no mes de febreiro, dúas mestras realizaron unha mobilidade ata Grecia para fomentar a aprendizaxe en metodoloxías STEM.
Nesta exposición recollemos un pouco do que viron e fixeron alí, e por outra banda, do que se fixo no cole a partires desa expeirencia.
Aquí tedes unha mostra do realizado por diferentes aulas:
Traballo feito polos alumnos de quinto de primaria sobre a cultura grega, a partires do estudo do pobo de Delfos.
Outros traballos realizados no cole.
CELEBRACIÓN DO NADAL
Enviado por Anónimo o Mar, 2019-02-12 18:54Este pasado mes de decembro celebrouse no cole o nadal con un montón de actividades. Para ambientar o centro, toda a comunidade educativa púxose mans á obra e pouco a pouco fumos decorando todo o centro.
Clicando neste enlace poderedes ver moitas imaxes das decoracións do centro e da festa que realizamos o último día de cole.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjosemarialage/galeria/thumbnails.php?album=205
Pero no nadal fixemos outras moitas actividades, aquí deixamos recollidas algunha delas:
Como xa ven sendo tradicional, o alumnado de 4º e 6º de primaria, xunto coa mestra de música e as titoras correpondentes visitaron o centro de maiores para cantar unhas panxoliñas.
Se queredes ver a reportaxe fotográfica desta visita, podedes clicar aquí.
Relacionado coa música tamén tivemos a visita do coro do instituto. Desde aquí queremos dar as grazas por este concerto marabilloso.
Enlace á galería: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjosemarialage/galeria/thumbnails.php?album=204
E tamén tivemos un festival de final de trimestre, a visita de infantil a correos para enviar postais aos compañeiros, a visita dos paxes dos reis magos,...
En negro contra as violencias
Enviado por Anónimo o Ven, 2018-11-23 19:36Hoxe 23 de novembro Ortigueira, coma tantos outros concellos, vestiuse de negro para rexeitar a violencia de xénero. Ás 12:00h houbo unha concentración diante do concello. Aínda que tiñamos pensado asistir non puidemos polo mal tempo, pero desde as aulas traballamos para erradicar este problema.
Desde o CEIP José María Lage queremos berrar ben forte:
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!
Magosto e Día do Peón
Enviado por Anónimo o Lun, 2018-11-19 22:54Estas últimas semanas o alumnado do cole estivo traballando para a ambientar o centro con motivos relacionados co magosto. Aquí tedes unha selección dos traballos.
E, por fin, o venres celebramos no colexio o magosto. A primeira hora da mañá chegou o castañeiro para prepararnos as castañas. Todos os alumnos e alumnas, xunto cos mestres fumos pasando polo patio dos maiores para a súa degustación.
Tamén tivemos xogos tradicionais empregando a castaña como "estrela" do xogos.
Desde hai varios anos, xunto co magosto celebramos tamén o Día do Peón. O alumnado do cole leva practicando xa varios días, sacando os seus peóns ao patio e, coa axuda dos mestres de educación física, mellorando un pouco a súa técnica.
O alumnado de sexto de primaria foi ata o patio de primeiro e segundo a facer unha demostración de bailar os peóns. Todos permaneceron moi atentos aos movementos para aprender a lección.
Na entrada principal do colexio realizouse unha pequena exposición de peóns que trouxo o alumnado da casa.
E como sempre, se queredes ver máis fotos, clicade aquí.
Xornada de ornitoloxía
Enviado por Anónimo o Sáb, 2018-11-17 15:29O pasado 21 de outubro, e grazas á Asociación Nordés, as aulas de 5º e 6º de primaria realizaron unha saída para a observación de aves. A saída realizouse xunto co alumnado dos centros de Mañón e Vicedo.
A primeira observación que fixeron foi na ría de Ortigueira. Logo marcharon ata Morouzos, onde asistiron a unha explicación sobre o anelamento das aves.
Se queredes ver máis fotos, clicade aquí.
XXX Feira do Mel do Ortegal e IV Feira da Mazá
Hoxe, domingo 11 de novembro, o noso alumnado e as súas familias, achegáronse a esta feira para recoller os diplomas por participar, como xa é tradición, no concurso de carteis da Feira do Mel do Ortegal e a Feira da Mazá.
Todos os carteis foron expostos para que todos puideran ver o traballo realizado polos nenos. Este ano, participaron tamén o CEIP da Barqueira.
Velaquí tendes a exposición dos nosos traballos.
Os traballos presentados polo noso centro son carteis elaborados por cada unha das aulas, traballando xuntos nun produto final. As aulas premiadas foron as de 6º de Educación Infantil; e en Primaria as de 2ºA, 4ºA e 5ºA. Aquí podedes ver aos representantes das aulas gañadoras recollendo os diplomas.
Non pensedes que os demáis quedaron sen o seu diploma, houbo para todas as aulas. Se quederedes ver máis fotos pinchade aquí.
Desde o centro queremos dar as grazas á Asociación Galega de Apicultura, e á delegación da Comarca do Ortegal en particular, por ter esta iniciativa. Tamén por achegarse ao colexio o pasado venres para entregar un pequeño agasallo a todos os participantes.
Chegou a hora do patio dos maiores
Enviado por Anónimo o Mér, 2018-11-07 22:04Como xa anticipamos hai algunhas semanas, continuamos a pintar xogos nos patios. Hoxe tocoulle ao patio dos maiores.
Un grupo de pais, nais e nen@s achegáronse ao colexio para continuar con esta bonita iniciativa, xurdida dende as propias familias do centro.
A tarde non chegou, pero buscaremos outro día para finalizar o traballo. Cando teñamos todo rematado, subiremos máis fotos.
Como sempre, dende o colexio queremos agradecer a todas as persoas que se achegaron ata aquí para participar neste proxecto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
