Blogue

Blogue principal do CEIP José María Lage

Milo escribe un libro - 6º

Milo(sexto) escribiu un libro: OTRO MUNDO e deixounos unha copia para o cole!!!! Moitos gracias, futuro escritor!!!!

Circuitos eléctricos - 6º

O alumnado de Sexto ensina os circuítos eléctricos que fixeron coas familias, ós pequeños de Primeiro e Segundo.

 As nenas e os nenos de 1º e 2º non perderon detalle de todos os circuítos eléctricos expostos.

O alumnado de sexto afanouse en explicar con todo detalle cada un dos circuítos. 

 O estadio de fútbol foi un auténtico éxito entre os afeccionados ao deporte. 

 Os pequenos non deixaron interruptor sen premer!

 Algúns circuítos era unhas auténticas probas de habilidade. 

 Serán capaces de recrear os seus circuítos favoritos na casa? O importante é tentalo e fomentar a imaxinación.

Robótica no 1º nivel.

No CEIP José María Lage estase implantando a robótica como parte da aprendizaxe do alumnado nas novas tecnoloxías. Desde o primeiro nivel foméntase o uso de robots de programación sinxela para que o alumnado aplique o pensamento lóxico e a imaxinación na resolución de diferentes problemas. As nenas e os nenos reciben estas actividades con gran motivación e ademais de traballar e afianzar diversos conceptos, pásano xenial.

Na primeira sesión procédese cunha explicación xeral e expóñense unha serie de exemplos coa participación directa do alumnado.

 Como proceso de iniciación preséntaselle ao alumnado unha plantilla sinxela para que guíen ao robot a través dun percorrido definido.

 Nas seguintes sesións trabállanse plantillas con diversos contidos: climatoloxía, partes da planta, singular e plural, etc...

 As sesións de robótica tamén implican traballo en equipo e unha interacción constante entre o alumnado.

 E sobre todo pásano estupendamente. As risas e a aprendizaxe están garantidos.

MALETA INCLUSIVA

Estas últimas semanas de curso estamos a realizar unha nova actividade proposta polo Departamento de Orientación do colexio xunto co Equipo de Biblioteca. Solicitamos ao CFR de Ferrol a "maleta inclusiva", e o noso centro é o primeiro da zona en poder disfrutar e aprender dela.

A maleta inclusiva trata dun lote de libros pensados para o alumnado de infantil e primaria e centrados con temática de atención á diversidade e a inclusión.

 Nestas pasadas semanas o alumnado das aulas de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe estiveron facendo un mural no corredor próximo ás súas aulas e montando a exposición. No mural aparecen todos os libros que trae a maleta, a súa temática e a idade recomendada.

A partir de agora, os mestres do centro poderán visitar a exposición e escoller os libros que consideren oportunos para traballar nas aulas.

A exposición permanecerá aberta ata final de curso. 

Participación no Erasmus+

Na semana do 5 ao 9 de marzo realizouse unha mobilidade a Burdeos no programa Erasmus+ (KA101), dentro do proxecto "Multilingüismo; a aprendizaxe de idiomas e a mellora da educación en Europa", organizado polo CFR de Ferrol. Na viaxe estiveron  implicadas dúas mestras do centro: Gloria Quintana, de Música, e Belén Vizoso, de Inglés. Os participantes de centros públicos de Educación Primaria e Secundaria de Ferrolterra tiveron a oportunidade de mellorar a súa competencia lingüística na lingua francesa e máis achegarse ao sistema educativo francés e ás súas estratexias pedagóxicas no ámbito da música e das artes. 

Desde esta semana pódese visitar unha pequena exposición fotográfica e de materiais achegados na zona do hall do colexio.

 

 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE ROBÓTICA ÁS FAMILIAS

O pasado venres 25 de maio, as familias do alumnado de 5º e 6º foron convocadas co fin de presentar o proxecto de innovación educativa "Introducción da robótica educativa en primaria".

A directora do centro, Rocío Fernández, deu unha pequena charla sobre este proxecto e a forma que o desenrolamos.

Logo, o alumnado de 5º fixo unha pequena demostración do aprendido cos robots mBots.

 O alumnado de 6º realizou unha sesión de robótica cos robots k-kuribots,ao seus compañeiro de 6º de educación infantil.

 

Para ver máis fotos pincha aquí.

 

ROBÓTICA NAS AULAS

O colexio está a participar no Proxecto "Introducción á roboótica educativa en Primaria" co fin de introducir ao noso alumnado na robótica e na programación.

 Participamos un número moi significativo de mestres neste proxecto. Nun principio, o proxecto era para as aulas de 5º e 6º de primaria. Ao final, en todas as aulas de Infantil, e en varias de primaria realizaronse sesións de robótica.

O primeiro paso foi a formación do profesorado, a través dun PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) no noso centro, co asesoramento e seguimento do CFR de Ferrol.

O primeiro contacto que tivo o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi a través duns "Obradoiros de robótica" que nos ofertou a profesora Patricia xunto cun grupo de alumnas do IES de Ortigueira.

 

Pincha aquí para ver máis fotos dos obradoiros.

 

Pincha aquí para ver máis fotos das sesións nas aulas.

Actividades de 6º

Agasallos chegados dende Cardiff!!!

 

 

Facendo os disfraces de cociñeir@s!!!

Na biblioteca sempre o pasamos ben!!!

Clase de Papiroflexia a cargo de Diego López!!!

Acompañando a Tomás, primeiro premio no concurso de marcapáxinas, organizado Pola Biblioteca Municipal!!!!

 

 

Decorando os estores da aula! Quedaron chulísimos!!!!

De visita no IES!! Q nervios!!!!!

 

Na exposición dos marcapáxinas na Biblioteca Municipal!!

 

Excursión "museos científicos". A Coruña - 5º de primaria

O pasado luns 28 de maio os alumnos de quinto de primaria visitaron os museos científicos coruñeses: Acuario Finisterrae, Casa do Home e Casa das Ciencias. 

A visita ao Acuario Finisterrae entusiasmou a todo o alumnado. As rapazas e rapaces mergulláronse de cheo na gran riqueza de coñecemento que abarca todo o relacionado coa vida acuática. 

O alumnado non perdeu detalle de toda a información que presenciaron no acuario. A concentración foi máxima.

O percorrido polas distintas estancias temáticas fixo moi amena e variada toda a visita.

A vida no mar, próxima pero á vez descoñecida nos seus detalles. Esta exposición aclarou moitas dúbidas e espertou o interese das rapazas e rapaces. 

Ávatar puxo de moda o cine 3D, pero moitos anos antes esta texnoloxía atopábase dispoñible na "Casa do Home". 

A "Casa das Ciencias" é sen dúbida o mellor lugar para fomentar o espírito científico do alumnado. Un día estupendo e soleado para disfrutar da ciencia nunha das cidades máis fermosas de Galicia.

 

Día das Letras Galegas - 2018

Para celebrar o Día das Letras Galegas realizamos nas aulas varios traballos sobre a vida e a obra de María Victoria Moreno. Fixemos unha exposición na entrada do cole que quedou así de estupenda. 

Día das Letras Galegas

 A mestura de todos os traballos creou un mural moi variado. 

"A festa no faiado": Quen dixo que os murais non tiñan volume?

O Cataventos: o alumnado ilustra maxistralmente a fábula de María Victoria Moreno.

As nenas e nenos do primeiro nivel caracterizan este mural baseado en "Mar adiante".

Estupenda recreación de "A Brétema", un dos contos máis entrañables de María Victoria Moreno.

As nenas e nenos de infantil reinterpretan "A festa no faiado" con multitude de formas e cores achegados directamente dende a imaxinación.

O barco Arroás, elaborado polo alumnado de 5º de infantil, surcando os mares da literatura galega. 

"Can branco can negro", a poesía fusiónase cunha historia chea de humor e tenrura. O alumnado de infantil tradúceo nun mural cheo de encantadores canciños. 

A literatura galega tamén necesita un dicionario, e este de galego-caló, ilustrado polos nenos e nenas de sexto, é realmente espectacular.

 Agradecemos a todas as aulas que participaron no mural toda a súa dedicación e esforzo para crear esta merecida homenaxe a María Victoria Moreno.

Distribuir contido