Blogue

Blogue principal do CEIP José María Lage

Enviamos unha carta - visita a Correos.

O pasado día 4 de maio, o alumnado do primeiro nivel fixo unha visita á oficina de correos. A visita estivo motivada polo traballo realizado na aula sobre a elaboración dunha carta e os seus diferentes apartados: data, saúdo, preguntas de cortesía, corpo da carta e despedida. Aproveitando a actividade fixemos unha visita á sucursal de Ortigueira. 

Témoslle que agradecer ao personal de correos a paciencia e amabilidade que mostraron en todo momento a pesar da inquietude propia dos nenos destas idades.

Cada neno levou a súa carta e participaron no proceso de envío. 

O director da oficina mostrounos as instalacións e explicoulles todos os procesos que se levan a cabo nela. 

Ademáis recibiron un agasallo sorpresa que lles axudará coa difícil tarefa do aforro. Todo o alumnado disfrutou moito da saída e quedaron encantados co trato recibido na oficina. Dende o CEIP José María Lage dámoslles as grazas ao persoal de Correos, e animamos a todas as nenas e os nenos a que participen nun hábito tan bo como é manter correspondencia con amigos e familiares. 

Día do Libro - 23 de abril. Troco de libros.

O pasado 23 de abril celebrámolo "Día do Libro" no colexio cunha serie de actividades. Entre elas organizamos un troco de libros.

Troco de libros

 O alumnado que trouxo un libro da casa tivo a oportunidade de cambialo por outro dos seus compañeiros. Dese xeito foméntase o interese pola lectura e polo descubrimento de novos títulos.

Troco de libros

 Os nenos o pasaron xenial e dedicaron un intre á lectura. Esperamos que esta actividade sirva para achegalos un pouco máis á lectura. 

Troco de libros

Charla e exposición sobre Elena Quiroga.

 

Con motivo da celebración do día do libro, o alumnado do CEIP José María Lage asistiu a unha charla e presentación sobre a escritora Elena Quiroga. Alí, ademáis de coñecer diversos aspectos sobre a vida e obra da autora, tamén descubriron o libro "Viento del Norte", inspirado na época que a escritora pasou no noso pobo.

O alumnado participou activamente nas actividades propostas trala presentación e coñeceu parte da obra desta afamada escritora.

Presentación do curso "Family Engagement in Action"

A titora de 6ºA e o titor de 1ºB mostraron ao profesorado unha presentación do curso "Family Engagement in action", impartido en Cardiff. 

Presentación do curso Family Engagement.

Nel mostraron a participación das familias nas diferentes actividades da comunidade educativa e tamén os diferentes medios e métodos de traballo que se desenvolven en Gales. 

Tamén acudiu á presentación o alumando de ámbalas dúas titorías, sentíndose así partícipes da actividade que realizaron os seus mestres.

Plantación na escola.

No primeiro e segundo nivel estamos a realizar unha plantación na clase. 

 

O alumnado encárgase de coidar unha serie de plantas, aprendendo así as súas necesidades e diferentes etapas de desenvolvemento. 

 

Cando remate a actividade o alumnado levará as plantas para casa. Así poderán continuar co seu cultivo na contorna familiar.

MENSAXE NUNHA BOTELLA 2017

Este curso decidimos participar nunha actividade chamada "Mensaje en una botella". Trátase dun evento  a nivel nacional, cun obxectivo que nos pareceu moi importante: "involucrar á cidadanía na saúde dos océanos e na influencia destos sobre a sociedade".

O noso cole participaou cos seguintes retos:

    Reciclaxe nas aulas: temos colectores de papel, plásticos e orgánico.

    Creación das "Ecopatrullas" de limpeza nos patios.

    Obra de teatro.

    Un cuarto reto, que aínda está por realizar.

Se queredes ver fotos do proxecto, pinchade no seguinte enlace: Galería Fotos: Botella 17

 

 

 

Distribuir contido