Concurso Costa da Morte Terra Atlántica

 

Concurso de fotografía e vídeo  QUE É PARA TI A COSTA DA MORTE?
Dirixido ao alumnado matriculado (2019-2020) en calquera centro de ensino dos concellos do GDR Costa da Morte.
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte que agrupa 17 concellos (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas) convoca a primeira edición do concurso de fotografía e clips de vídeo online #MarcaCostadaMorte para fomentar entre o alumnado á posta en valor das paisaxes, patrimonio, mar, agro, industria... que dan identidade ao territorio

As persoas participantes deberán publicar unha fotografía/clip en Instagram desde o perfil de usuario/a da aplicación. A foto/clip deberá conter unha imaxe ou escena localizada no territorio do GDR Costa da Morte: paisaxes, persoas, produtos, etc, xa sexa en interior ou en exterior.

O prazo de publicación de imaxes ao concurso e as votacións das persoas participantes establécese dende o 1 ao 31 de xullo de 2020.

Para máis información podedes contactar no correo info@terratlantica.gal. Enviamos un modelo de autorización para a participación de menores e achegamos o cartel e as bases do concurso en formato PDF para a súa difusión.

Un cordial saúdo,
GDR Costa da Morte
Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte
Edificio Servicios Múltiples. / Rúa A Torre, s/n / 15129 - Vimianzo
Tel.:
981 71 73 58

 

COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA

AdxuntoTamaño
Resumo_Bases_Concurso_Instagram_CostadaMorte.pdf256.15 KB
Bases_Concurso_Instagram_CostadaMorte_final.pdf544.71 KB
Consentimento_Menores_Concurso_CostadaMorte.pdf97.24 KB