Actividades propostas para 4ºEP (4 maio- 8 de maio)

Bos días!

Espero que esteades todas e todos ben.

En xeral, fixestes moi, moi ben as actividades en Snappet!

Só uns pequenos recordos:

- Lembrade seguir poñendo maiúsculas nos nomes propios (tanto de persoas como de lugares).

- Unha carta debe levar data, saúdo, o contido que se escribe e unha despedida ao final.

- Cando queremos saber canto costa unha cousa soa (e nos dan o valor de varias), temos que facer unha división.

Encantoume ler as actividades nas que destacades, as que vos gustan e como vos sentides con elas.  Tamén ver que investigastes as obras de Mozart (4º) e que vos gustaron en xeral!

 

 Déixovos a proposta de tarefas para esta semana (do 4/5/20 ao 8/5/20):

Luns: Lingua Galega (actividades enviadas por Snappet)

Martes: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet)

Mércores: Lingua Galega (actividades enviadas por Snappet)

Xoves: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet)

Venres: Ciencias Naturais (actividades na páxina WEB do centro, dentro dos enlaces dos "bonequiños bailando" de 3º e 4º).

Recomendo que vos centredes nas tarefas de Snappet; aí xa vos vou eu seleccionando as actividades que considero máis significativas para que repasedes cada día. 

 

Moito ánimo!

 

 Actividades de Educación Artística